Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2011

Outra xornada do cursiño de carpintaría

Imaxe
Antes do cursiño, pasei polo local Patexeiro para darlle ás cadernas xa montadas unha pasada coa lixadora, imprimación fondo protectora, e pintéinas cunha mezcla ó 50% de alquitrán vexetal e un lasur satinado cor carballo. Éste foi o resultado. Pensamos que así quedarán ben tratadas, pero non sabemos a cencia certa se isto evitará que o carballo traballe e se retorza, xa que, como dixemos en anteriores resumes, estamos traballando con carballo moi verde e non queríamos pintalo, xa que a nosa intención e deixar a buceta a madeira vista. Durante esta xornada, repasóuse, para que os asistentes o tiveran claro, as caídas que deben ter os genoles e as varengas en cada caderna. Logo empezamos a marcar no carballo o resto das pezas que conformarán as cadernas que faltan da proa. Cunha motoserra toramos o tablón de carballo para facilitar o seu cortado na serra de cinta. De novo, un dos alumnos máis avantaxados decidéuse a cortar as pezas na serra. Unha vez cortadas na serr

Octava xornada do curso de carpintaría

Imaxe
Este sábado continuamos cortando varengas e genoles para ensamblar as cadernas de proa nºs 3, 4 e 5. Montámos a mesa accesoria á serra para poder darlle as caídas axeitadas a cada líña de auga á hora de cortar as pezas. Esta mesa é unha solución moi cómoda á hora de cortar ás cadernas. Empezaron os mestres, Pepe á serra e David elevando a mesa para ensinarnos como tiñamos que facer. Moncho tomou boa nota de como usar a plomada combinada coa mesa, e logo xunto con Jorge á serra (dous alumnos aventaxados) procederon a cortar o resto das pezas. Por suposto, sempre supervisados polos mestres para evitar calqueira tipo de accidente. Aquí vemos a Jorge, cortando un dos genoles. Algúns alumnos chegaron un pouco tarde, ainda que as ansias de asistir ó curso fixeron que algún ata acudise por mar. Era o noso Roberto, que viña de achicar a Balbina, que coas choivas tiña demasiada auga a bordo. Unha vez cortadas todas as pezas, dirixímonos por parellas ó taboleiro de

Sexta xornada do curso de carpintaría

Imaxe
O pasado sábado desenrrolouse a sexta xornada do curso. Durante esa xornada colocóuse na cama a armazón da nova buceta. Vemos xa a roda, quilla e codastre, unidos entre sí a raio de xúpiter. Na xornada anterior do curso xa se colocaron os macizos nas unións de roda-quilla e codastre-quilla. Unha vez colocado o conxunto roda-quilla-codastre, nivélanse e crávanse uns listóns contra a estructura que sirve de cama, para que o conxunto non se mova. Unha vez montado empezamos a facer as cadernas maestras. O primeiro paso consiste en perfilar sobre a madeira de carballo dispoñible as plantillas para trazar o que serán as varengas e os genoles. Neste caso imos a facer cadernas de sete pezas cada unha (tamén se poden facer de cinco ou de tres, dependendo da madeira da que se dispoña), tres varengas e catro genoles. Unha vez marcadas sobre a plantilla coa axuda do taboleiro de formas cada peza (varenga ou genol), cálcanse sobre o tablón de madeira, e posteriormente van

O X Encontro segue dando moito que falar, ¡¡¡e que cobrar!!!

Imaxe
Ben, como sabedes moitos de vós, tras a celebración do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo lugar este ano en Carril, quedaron moitos flecos pendentes. Tantos como 21.000 flecos que o Concello de Vilagarcía non aportou para a celebración do Encontro e que tiña comprometido que así o fixera. Pero o cambio de goberno deixou o tema no aire. Para os que queirades máis información sobre o tema remítovos á nova da páxina da FGCMF dónde se dá conta do tema . A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, da que Os Patexeiros tamén somos membros, decidiu asistir ó pleno que este pasado luns se celebrou no Concello de Vilagarcía, para dar a coñecer a súa postura e intentar que no pleno se aprobase que o Concello asumira a deuda que ten contraída coa Federación. E así foi, varios compañeiros da Federación asistiron ó pleno. Pois ben, se queredes saber o resultado, vos remito de novo á páxina da FGCMF para ver o desenlace deste primeiro contacto, tras o Enco