UNHA BUCETA DO NORTE RECUPERADA
Os amigos do C.N.Punta Bufadoiro de Mera están recuperando unha buceta do norte, que penso será o seu primeiro barco da sección de embarcacións tradicionais.
Xa foi alá por finais de xaneiro do 2010 que me atopaba eu dando unha volta polo Portiño cando me fixei nunha buceta que parecía que iba a acabar como acaban moitos destes barcos. E alí lle tirei unhas fotos. E este era o seu estado a principios do 2010.
Pasou o tempo e a finais de marzo do 2011, con motivo da organización dunhas xornadas sobre o Patrimonio Marítimo do Golfo Ártabro, conxuntamente co C.N.Punta Bufadoiro e o GAC do Golfo Ártabro, enterámonos que os amigos de Mera se fixeran con dúas bucetas a Lolita e a Amalia, a mesma buceta que vira eu no Portiño algó máis dun ano antes.
Este era o seu estado cando chegou ó estaleiro de Pepe en Lorbé a quen lle encargarían a súa recuperación.
A Lolita consideraron que non pagaba a pena recuperala, pois estaba moi deteriorada, pero encomendáronlle a Pepe o traballo de restaurar a Amalia.
Cando Pepe, o carpinteiro, se puxo a traballar nela uns días despóis, e empezou a desfacer toda a cuberta, cando a vimos con este aspecto, algúns non pensaban que se poidera facer moito por ela.
A medida que iba pasando o tempo, xa se lle empezaban a ver formas.
E fai unha semán levéime unha agradable sorpresa cando fun darlle unha visita a Pepe, e vin a buceta con este aspecto, co mastro e o temón listos.
Outro barco que deixará de ir para a fogueira grazas ó entusiasmo dos nosos amigos e veciños do C.N.Punta Bufadoiro de Mera. Parabéns, amigos. Esperámosvos ver nalgunha edición da Copa Balbina regateando con esa estupenda buceta, a ver como navega.
Palmeirán

Ides lle poñer motor ou vai ir só a vela?
ResponderEliminarComo vos digo na nova, recuperóuna o C.N.Punta Bufadoiro, non nós. Pero imaxino que irá só a vela.
ResponderEliminarLorbé vaise convertir nun sitio de peregrinación.
ResponderEliminarPepe fai miragres :-)
hola!! chámome simón e escribosvos porque un amigo mais eu andamos a buscar unha buceta para restaurar tamén,se sabedes dalgunha agradeceriavos q mo comunicarades...o meu nº de tf é o 617485494
ResponderEliminarBo día Simón:
ResponderEliminarRecomendaríache que te deras unha volta polo porto do Portiño na Coruña e que preguntases a algún usuario dese porto, porque non fai moito ainda vin por alí unhas tres bucetas, e algunha estábase botando a perder.
Alí as conseguiron os amigos de Mera que viches no noso artigo do blog.
A ver se hai sorte e conseguides salvar outro barco máis.
De todas maneiras se por Lorbé, onde temos o local, me entero de algo a traveso do carpinteiro, tamén cho fago saber.
Saúde.