Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2011

CURSOS DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA - 3ª EDICIÓN

Imaxe
O vindeiro sábado 1 de outubro ás 4 da tarde (16:00), na Carpintaría Lorbé - Oleiros (A Coruña), daremos comenzo á 3ª Edición dos Cursos de carpintaría de ribeira que organizamos dende a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros . Tras o grande éxito da primeira e da segunda edición, os asistentes nos pediron facer un curso máis a fondo polo que éstes da 3ª edición os deseñamos da seguinte maneira: - Dous módulos de 50 horas cada un: Un de iniciación e outro de perfeccionamento. Total 100 horas - Os asistentes poderán inscribirse nun ou nos dous módulos. - O cupo, como nos anteriores, será limitado a 15 asistentes. - As inscricións serán por riguroso orden de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com  - En caso de moita demanda, terán preferencia os inscritos para os dous módulos. - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo do curso, levaremos adiante

ULTIMA REGATA DA COPA BALBINA DE VELA TRADICIONAL - SABADO 24 DE SETEMBRO

Imaxe
Este sábado 24 de setembro ás 5 da tarde (17:00) terá lugar frente a praia de Sada (A Coruña) a última regata da Copa Balbina 2011 de Vela Tradicional. Un referente da vela tradicional no Golgo Ártabro. Ó final da proba agasallaremos a todos os participantes desta regata cunha merendola a base de pinchos e algo para mollar a palleta. ¡¡¡e algo máis haberá!!! Esperemos que os nosos barcos poidan facer un bo papel na regata, ainda que imaxinamos que o Osorio virá a matar. Queremos dar as gracias por anticipado a todos os asistentes e colaboradores xa que sin eles esta Copa Balbina non sería posible. Agradecementos como non ó Club Náutico Recreativo de Sada por colaborar na loxística das probas. Vémonos o sábado as 5 da tarde. Sede puntuais. Palmeirán

UNHA BUCETA DO NORTE RECUPERADA

Imaxe
Os amigos do C.N.Punta Bufadoiro de Mera están recuperando unha buceta do norte, que penso será o seu primeiro barco da sección de embarcacións tradicionais. Xa foi alá por finais de xaneiro do 2010 que me atopaba eu dando unha volta polo Portiño cando me fixei nunha buceta que parecía que iba a acabar como acaban moitos destes barcos. E alí lle tirei unhas fotos. E este era o seu estado a principios do 2010. Pasou o tempo e a finais de marzo do 2011, con motivo da organización dunhas xornadas sobre o Patrimonio Marítimo do Golfo Ártabro, conxuntamente co C.N.Punta Bufadoiro e o GAC do Golfo Ártabro, enterámonos que os amigos de Mera se fixeran con dúas bucetas a Lolita e a Amalia, a mesma buceta que vira eu no Portiño algó máis dun ano antes. Este era o seu estado cando chegou ó estaleiro de Pepe en Lorbé a quen lle encargarían a súa recuperación. A Lolita consideraron que non pagaba a pena recuperala, pois estaba moi deteriorada, pero encomendáronlle a Pepe o traballo

DE VOLTA DA PARROCHEIRA

Imaxe
Xa estamos de volta da Parrocheira 2011. Este ano Os Patexeiros non levamos ningún barco á concentración, xa que todos os patróns estaban liados este fin de semán. Así que enroleime como mariñeiro no galeón Punta Pragueira da A.A.E.T.C. para poder ir por mar ata Ferrol e navegar con eles ese sábado. Saímos do porto de Sada sobre as 11 menos cuarto da mañán. Nada máis sair fixámonos que o Tina Husted estaba alí fondeado, así que non iría á Parrocheira. Segúramente David non sabía nada, senón extráñame que non fose. Cando estábamos chegando á boca da Ria, avistamos a estribor ó Sauntress e á Reina de Africa. Como sabedes o Sauntress (coñecido tamén como o Irlandés Volador) non ten motor, así que estábamos pensando en cómo iban a facer para entrar pola bocana de San Felipe xa que estaba baixando a maréa e a corriente é moi forte. De momento non había moito vento, non aparecía por ningún lado esa forza 4-5 que deran os partes meteorolóxicos, ainda que Antonio chamou a un amig

PARROCHEIRA 2011

Este sábado día 3 terá lugar en Ferrol a XIX edición da Parrocheira. Este ano limítase só a un día, pero xa sabedes que esa concentración de embarcacións tradicionais sempre é das máis bonitas e animadas de todo o noso país. A edición deste ano está adicada ó Enxebre, o barco de María Jesús (Susa), que cumple 75 anos e que luce tan bonito coma sempre o seu color branquiño por todo o mar do país. Como vedes no programa do cartel haberá dúas saídas de navegación e uns pinchos, e ainda que non o poña no cartel supoñemos que tamén haberá algo con que mollar a palleta. Dende a páxina dos Patexeiros vos invitamos a todos a que vos acheguedes polo peirao de Curuxeiras en Ferrol este sábado día 3. Veredes un espectáculo do máis bonito.