Segunda regata da Copa Balbina en Sada

O Pasado dia 30, celebruose en Sada a segunda das regatas da Copa Balbina de vela tradicional do Golfo Artabro, cun exito importante de participación.
Ahí nese enlace, podedes ver como vai a clasificación neste ano:

 https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxkZXNjYXJnYXN4ZXJhaXN8Z3g6MzVhMGIyMDI4ZjA1NTc3OA

E se non podedes baixar a folla Excell en DESCARGAS XERAIS - REGATAS E OUTROS EVENTOS,  e ahi veredes a copa Balbina 2011.

A clasificación e provisional, porque houbo unha protesta que está ainda sen resolver por parte do Xuiz de regata. Lembramos que a organización da regata, ainda que nos colabouramos, corre a cargo do C.N.Recreativo de Sada.

A protesta básase en que o gañador, o Sountress chegou tarde, e como consecuencia, non estaba detrás da liña de saída no momento de pitar o último minuto. De prosperar a protesta, quedaría con 3 puntos de participación cun NS (DNS). Pero a saída tampouco foi anulada, polo que podería haber unha apelación, e desestimar finalmente a protesta.

O Segundo e terceiro posto disputado entre a Desexada e o Masmadera tampouco está moi claro, xa que entraron prácticamente á vez. Estamos a procura dalgunha foto que poda axudar a decidir.

En calqueira caso, está ahi a clasificación segundo a información do comité.

E sexa como sexa, hai que resaltar a brillante regata que fixeron Jaime e Juan na Desexada, saindo de primeiros e pasando pola boia da primeira volta de primeiros tamén.

Na outra cara da moneda estivo o O Sorio. Mala sorte para o campeón, que "pinchou". Segundo nos explicou logo nos pinchos cravou a proa chegando a Sada, embarcando moita auga. Isto fixo que chegara un pouco tarde, e ademais navegara peor que como nos ten acostumados.

A vindeira cita será en Ares, o dia 13 de Agosto, que nos puntuamos con 3 puntos pola participación, e despois a terceira regata, no 27 deAgosto en Sada.

Moitísimas gracias a todos os participantes por vir. Esperamos veros pronto, e a ver se podemos facer outra na que vos poidades quedar aos pinchos post regata.

Ahí vos deixamos tamén a imaxen da clasificación:


Comentarios

  1. Ao Comité de Reclamacións Intercontinental de Regatas de Vela Tradidional de Barcos de Pau.

    ¿Cómo é posibel que O Comandante patexeiro non figure nesta lista???

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com