Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2011

AVISO URXENTE: SUSPÉNDESE A 3ª REGATA DA COPA BALBINA

Por atoparse fora a maioría do Comité de Regatas e dos socios dos Patexeiros, vémonos na obriga de suspender a 3ª Regata puntuable para a Copa Balbina que se tiña que celebrar este sábado 27 de Agosto. Sentímolo moito pero non podemos garantizar unha boa organización da proba á que cada vez estades acudindo máis barcos e á que cada vez estamos intentando dar máis importancia. Desculpade as molestias. Quedades emprazados para a cuarta regata que se celebrará o sábado 24 de setembro coma sempre ás 5 da tarde na liña de saída fronte á praia de Sada e ó rematar vos agasallaremos cuns pinchos e uns viños.

Regata de dornas nas Festas de Palmeira

Imaxe
Como este mes os Patexeiros estamos facendo poucas actividades, e das que facemos non teño imaxes (asistencia á Regata de Redes, e á Regata de Ares) aquí vos mando un pequeno resúmen da Regata de dornas que presenciei o sábado 13 de agosto durante as Festas de Palmeira. Cunha participación dunhas 11 dornas, case todas pertencentes ós nosos amigos do Lajareu por Barlovento, o sábado pola tarde tivo lugar a regata de dornas Festas de Palmeira, que saindo do Camallón (pedras enfrente ó muelle de Palmeira) deron a volta á illa de Rúa para volver a chegar ó Camallón. No transcurso da regata, ó pasar por Rúa mezcláronse coa Regata Rías Baixas, e aquelo xa foi un espectáculo de velas na ría. En primeiro lugar e gañador da regata chegou José Antonio "o panadeiro" patroneando a Sandra, unha dorna xa asídua de todas as regatas organizadas polo Lajareu por Barlovento e que grazas á súa constancia foi vendo a súa progresión estando fai anos nos últimos postos, como vedes nesta

Segunda regata da Copa Balbina en Sada

Imaxe
O Pasado dia 30, celebruose en Sada a segunda das regatas da Copa Balbina de vela tradicional do Golfo Artabro, cun exito importante de participación. Ahí nese enlace, podedes ver como vai a clasificación neste ano:   https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxkZXNjYXJnYXN4ZXJhaXN8Z3g6MzVhMGIyMDI4ZjA1NTc3OA E se non podedes baixar a folla Excell en DESCARGAS XERAIS - REGATAS E OUTROS EVENTOS,  e ahi veredes a copa Balbina 2011. A clasificación e provisional, porque houbo unha protesta que está ainda sen resolver por parte do Xuiz de regata. Lembramos que a organización da regata, ainda que nos colabouramos, corre a cargo do C.N.Recreativo de Sada. A protesta básase en que o gañador, o Sountress chegou tarde, e como consecuencia, non estaba detrás da liña de saída no momento de pitar o último minuto. De prosperar a protesta, quedaría con 3 puntos de participación cun NS (DNS). Pero a saída tampouco foi anulada, polo que podería haber unha apel