PRIMEIROS DÍAS DO MERCADO MARIÑEIRO DE SADA
Xa rematou o segundo día do Mercado Mariñeiro, ainda nos queda hoxe domingo. Ó longo destes dous días traballamos moito, pero moito, moito, pero as cousas foron saíndo máis ou menos ben. E o resultado global podemos calificalo como de moi bó. O venres pola tarde quitamos os barcos do mar e os levamos para o noso stand. A dorna saeu dende a rampa e os outros barcos dende o travelling do porto deportivo. Camuflamos a carpa co atrezzo e o material de exposición. Tremenda carpa que tiñamos, como vedes nas fotos. O sábado o único que nos fallou foi a demostración de carpintaría de ribeira na rúa por estar ausentes os carpinteiros, pero contamos coa Exposición da Ferramenta de Carpintaría de ribeira, coa Exposición temática sobre a Balbina e coa Exposición de imaxes antiguas de Sada que tiveron moitísimo éxito. Fixemos tamén unha recreación do encascado de redes e velas. A xente se xuntaba alí porque parecía que estábamos facendo polbo á feira. Era moi bonito ver como a