Movemento no Estaleiro de Lorbé

O estaleiro de Pepe en Lorbé non para.


Pepe está traballando nunha buceta que se decidiron a recuperar os amigos do C.N.Punta Bufadoiro. Como vedes nas fotos estánlle botando nova toda a parte superior, bancos, barraganetes, trancanil, corredores, as táboas superiores do forro, etc...

Está claro que está quedando preciosa.







Ó mesmo tempo Pepe e Jose, o fillo, tamén están empezando a construcción dun barco novo, aquí vedes o primeiro paso de construcción, roda, quilla e codaste, feitos en carballo e elondo, unha maravilla.
 Que non pare o movemento.

by Palmeirán.

Comentarios

  1. Moi boas novas!
    Ese barco novo vai levar a popa redonda? xa non se ven popas así.

    ResponderEliminar
  2. Xa vos irei dando máis información, Xocas. Cada vez que pase por Lorbé vos irei actualizando as fotos para que sigades o proceso de construcción.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com