Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2011

A COPA BALBINA POR PRIMEIRA VEZ EN SADA

Imaxe
  Impresionante triunfo da dorna Boaventura na primeira regata da Copa Balbina 2011, impoñéndose nada máis e nada menos que ao mesmo bicampeón OSorio. Por fín podemos presumir de tripulación e de barco, gañando limpamente a que foi única manga que se disputou na regata de onte en Sada.  Tamén hai que dicir que as condicións meteorolóxicas non eran as mellores, porque faltou un pouco máis de vento, pero a habilidade de Pepe, Jaime e máis Verónica supliron esa carencia. Nesta ocasión, nos visitaron os compañeiros Xabier e Verónica, que embarcaron con nós para vivir en primeira persoa a regata. Xabier e Verónica, pertencen a asociación cultural "Montedaestrela" de Arteixo, e traballan na defensa do patrimonio cultural galego. Podedes ver ahí o seu traballo:    ASOCIACIÓN CULTURAL MONTEDAESTRELA A regata foi encabezada en todo momento pola dorna Boaventura, que saiu de primeira, seguida do Osorio, e por detrás o Arredemo. Pero o Osorio non foi quen de enganchar á dorna, q

COMENZA A COPA BALBINA 2011

Imaxe
     Amigos da vela tradicional do Golfo Artabro:     CHEGOU A TERCEIRA EDICION DA COPA BALBINA   O Calendario de regatas para este ano e:     1ª REGATA:  SABADO 25 DE XUÑO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA     2ª REGATA: SABADO 30 DE XULLO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA     3ª REGATA: SABADO 27 DE AGOSTO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA     4ª REGATA: SABADO 24 DE SETEMBRO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA      A liña de Saída estará formada pola boia e mais o barco do comité (unha neumática), e se situará fondeada na ria de Sada, mais ou menos frente a praia de Sada (dependendo do vento nese dia, moverase cara a Gandarío ou ao peirao)      Xa sabedes que compartiremos campo de regatas con outras de vela lixeira. Hai mar para todos, pero por razons ovbias, eles tomaran antes a saída sempre. E sobre o percorrido de cada dia, informarase na propia liña de saida, porque en función do vento poñerase un ou outro.    E xa sabedes, se podedes chegade con algo de tempo e achegádevos

Movemento no Estaleiro de Lorbé

Imaxe
O estaleiro de Pepe en Lorbé non para. Pepe está traballando nunha buceta que se decidiron a recuperar os amigos do C.N.Punta Bufadoiro. Como vedes nas fotos estánlle botando nova toda a parte superior, bancos, barraganetes, trancanil, corredores, as táboas superiores do forro, etc... Está claro que está quedando preciosa. Ó mesmo tempo Pepe e Jose, o fillo, tamén están empezando a construcción dun barco novo, aquí vedes o primeiro paso de construcción, roda, quilla e codaste, feitos en carballo e elondo, unha maravilla.  Que non pare o movemento. by Palmeirán.

HAI QUE PROTEXER A RÍA DE FERROL

A enseada que forman A Graña, A Cabana e A Malata, é das poucas zonas con aceso ao mar que aínda conserva a cidade de Ferrol, pois a pesares de estar rodeada do mar da ría, polo norte,oeste e sur, murallas e verxas de todo tipo impiden o aceso ao mar, polas instalacións da armada, estaleiros e autoridade portuaria