XA TEMOS NOVA SEDE SOCIAL
Si, amigos, compañeiros, seguidores, .... Os Patexeiros, por fin temos o noso Local Social.
Tras varios anos solicitándoo, petando a distintas portas, recibindo moitas escusas e levando varias desilusións, por fin chegou o día en que unha entidade nos concedeu o aluguer dun local.
E nos imos para o Porto de Lorbé, sede xa de moitas das nosas actividades ata o momento, onde Portos de Galicia nos concedeu unha das chabolas da zona portuaria, tras habelo solicitado formalmente en abril do 2010. Tardou, pero xa o temos.
E non é un local moi grande, son 25 m2, pero é mellor ca nada ¿non pensades?.
Estivémolo adecentando, limpando, e pintando as paredes que estaban co cemento á vista.
Levamos todo o material de oficina, mesas, sillas e estanterías que nos regalou a empresa INIBE TECNOLOGÍA, levamos o banco de traballo que nos cedeu outra empresa de Sada, trouxemos o material que tiñamos no CNRS (o noso patrocinador loxístico) e xa temos todo máis ou menos operativo.
Montamos unha pequena oficina para facer as reunions e ordear todo o papeleo, que xa vai sendo moito.
Moito sitio non nos queda pero irémonos arranxando co que hai. Antes non tiñamos nada.
E como non, xa puxemos un panel con moitas das actividades que levamos feitas, ¡¡¡ que se vexa que se fan cousas !!!!
Grazas a todos os que o fixeron posible.
by Palmeirán.
Parabéns!!!
ResponderEliminarAo final as cousas van saindo, con moito traballo, pero van saindo