XA TEMOS NOVA SEDE SOCIAL
Si, amigos, compañeiros, seguidores, .... Os Patexeiros, por fin temos o noso Local Social. Tras varios anos solicitándoo, petando a distintas portas, recibindo moitas escusas e levando varias desilusións, por fin chegou o día en que unha entidade nos concedeu o aluguer dun local. E nos imo s para o Porto de Lorbé, sede xa de moitas das nosas actividades ata o momento, onde Portos de Galicia nos concedeu unha das chabolas da zona portuaria, tras habelo solicitado formalmente en abril do 2010. Tardou, pero xa o temos. E non é un local moi grande, son 25 m2, pero é mellor ca nada ¿non pensades?. Estivémolo adecentando, limpando, e pintando as paredes que estaban co cemento á vista. Levamos todo o material de oficina, mesas, sillas e estanterías que nos regalou a empresa INIBE TECNOLOGÍA, levamos o banco de traballo que nos cedeu outra empresa de Sada, trouxemos o material que tiñamos no CNRS (o noso patrocinador loxístico) e xa temos todo máis ou menos operativo. Montamos unha pe quena o