Visita a Coruña do Christian Radich
Para todos os amantes da vela, e sobre todo para os das embarcacións tradicionais, é un pracer ver estes días no peirao de trasatlánticos da Coruña á fragata norueguesa Christian Radich.
Onte pola noite e hoxe a primeira hora da mañán, estaba acompañada de outro grande veleiro, o Sorlandet, tamén noruegués do que non vos podo ofrecer fotos, xa que só lle vin os mastros dende o coche, e á hora da comida, cando foron quitadas as fotos, xa non estaba amarrado ó peirao.
Bonito mascarón de proa ten o Christian Radich.
Será o preludio da regata de grandes veleiros que arribará á Coruña o vindeiro ano.
by Palmeirán.

Ei PAtexeiros. Non sería tanto o ridículo do Arredemo, digo. E se hai que preguntar, preguntamos. ¿Qué comentou o señor?
ResponderEliminarPor certo: moitas felicidades polo voso magnífico traballo; ainda que o mellor recoñecemento é o que vos está dando a xento do mar de Sada e Lorbé. Sulcades mares virxes...
Qué gustazo! Moita sorte con todo
Suso de Lajareu