Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2011

REMATE DAS XORNADAS SOBRE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARITIMO DO GOLFO ARTABRO

Imaxe
O pasado sábado 9, na Casa Labarta, en Mera, remataron as xornadas. Este dia, comenzou cunha interesantísima mesa redonda sobre pasado presente e futuro da pesca en Mera. Alá estiveron varios dos que foran mariñeiros na Vila, os mais veteranos, que nos contaron moitas anécdotas e moitas vivencias sobre o que fora seu traballo ao longo de moitos anos. Mera chegou a ter mais de cento e pico socios na Cofradía, pero pouco a pouco foise esnaquizando o colectivo, e hoxe, ainda que e unha das poucas cofradías que se mantén e sen débedas, xa non ten barcos amarrados en Mera. Por mor de non ter sorte coas infrastructuras, a frota foise indo a outros portos. Guillermo, o Presidente da Cofradía, explicounos moitos dos problemas que teñen actualmente, de cómo unha administración que descoñece a vida cotiá do mundo do mar, establece normas que, as veces non se poden chegar a cumprir. Alá formouse un acalorado debate, cando despois do pasado e do presente chegoulle o turno ao futuro. Os armadores

Na terceira sesión das Xornadas

Imaxe
O pasado sábado, celebramos no peirao de Lorbé a terceira sesión das xornadas sobre posta en valor do patrimonio marítimo. Na primeira parte do dia, tivemos a visita á nave da Asociación de Redeiras de Lorbé. Na visita, elas nos explicaron como traballan, como traballaban antano, os problemas que teñen na súa profesión, e moitísimas cousas máis. Foi maravilloso escoitar como unha asociación de autónomas consegue sobrevivir, a pesar de toda a problemática que rodea o seu oficio. Foron moi amables, e ademais, tivemos na nave de redeiras un pequeno debate sobre conservación do patrimonio marítimo, incluindo lembranzas sobre aparellos xa desaparecidos. Increible a cantidade de xente que coñecían na zona, prácticamente a toda do mundiño do mar, con cadanseu alcume. !!ISO SI QUE SON REDES SOCIAS E NON O FEISBUC ESE!! (e máxime vindo das "redeiras"). Os Patexeiros fixemos unha invitación oficial a participaren na II Feira mariñeira de Sada, e mesmo quedamos con elas non só para comp

Visita a Coruña do Christian Radich

Imaxe
Para todos os amantes da vela, e sobre todo para os das embarcacións tradicionais, é un pracer ver estes días no peirao de trasatlánticos da Coruña á fragata norueguesa Christian Radich. Onte pola noite e hoxe a primeira hora da mañán, estaba acompañada de outro grande veleiro, o Sorlandet, tamén noruegués do que non vos podo ofrecer fotos, xa que só lle vin os mastros dende o coche, e á hora da comida, cando foron quitadas as fotos, xa non estaba amarrado ó peirao. Bonito mascarón de proa ten o Christian Radich. Será o preludio da regata de grandes veleiros que arribará á Coruña o vindeiro ano. by Palmeirán.