Xornadas de posta en valor do patrimonio cultural marítimo do Golfo Artabro.



Ó fin chegou o día no que os Patexeiros podemos ofrecer algo grátis. Grátis e interesante, claro , porque por exemplo tampouco cobramos nada por ir rascar a Balbina e iso tamén e grátis pero non tan proveitoso.

En colabouración co Clube nautico Punta Bufadoiro de Mera e Proxectos Culturais Caixal, temos organizadas unhas xornadas nas que esperamos sensibilizar aos asistintes sobre a importancia que ten a conservación do noso patrimonio marítimo a traves de actividades coma a conservación e rehabilitación de embarcacións tradicionais e o uso que posteriormente se lles dea.
Tamén hai que comentar a colabouración do G.A.C., (que non é, por se vos preguntades, unha marca de bicicletas). Xa van explicar alá o que é.

Podedes descargar o programa, o Diptico e mais o cartel indo ahí na esquerda a DESCARGAS - DESCARGAS PUBLICAS - e dentro de REGATAS E OUTROS EVENTOS veredes os PDF que vos podedes descargar con toda a información.
Ou ben accedendo directamente nestas ligazons:


CARTEL:
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxkZXNjYXJnYXN4ZXJhaXN8Z3g6MjZmOGMzZjljM2QxMDA3Mg

DIPTICO:
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxkZXNjYXJnYXN4ZXJhaXN8Z3g6NzA3ZjRhOWRhMGIxNWVkOQ

As xornadas se desenrolarán entre Mera e Lorbé, os sábados polas mañans, o 12 e mais o 26 de Marzo, e o 2 e o 9 de Abril.

Ademais de conferencias e visionado de videos informativos, incluiremos un mini cursiño de navegación a vela (so a parte de terra), obradoiros de nos, visita á carpintería, visitas de campo nos peirao a diversas tipoloxías, exposicións, etc.

Inaugúranse este vindeiro sábado dia 12 en Mera, e o aforo é limitado a 25 prazas para asistir aos obradoiros dos dias 26 e 2 .

Coma estrela invitada, temos a ledicia de poder anunciar que estará con Nós Bernardo Maiz, para explicarnos as tipoloxías do gólfo Artabro. Pensamos que o feito de que Bernardo veña, merece unha gran ovación, e por suposto que nos sentimos moi afortunados de poder escoitalo de novo. Moitísimas gracias por todo, Bernardo, sen tí estas xornadas non serían o mesmo.

Apurádevos a apuntarvos se queredes enviándonos un correo á nosa dirección.




Comentarios