Segunda Sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo


Se o primeiro día lles tocou ó C.N. Punta Bufadoiro facer de anfitrións na presentación das Xornadas, nesta ocasión tocóunos ós Patexeiros.

E como AINDA NON TEMOS LOCAL, e haino que decir ben alto, a ver se as entidades ás que llo solicitamos en reiteradas ocasións se dan por aludidas, levamos a cabo estas Xornadas na Carpintaría Lorbé que nos cedeu Pepe ó longo da mañán, e a bordo do barco Ría de Ferrol que amablemente nos trouxeron os amigos do Clube do Mar de Ferrol.

Entre os asistentes atopábanse, como organizadores e colaboradores, o tenente de Alcalde de Oleiros, o xerente do GAC2, representantes de Caixal Proxectos, o presidente do C.N. Punta Bufadoiro, representantes do Clube do Mar de Ferrol e representantes dos Patexeiros.

Nesta ocasión xuntáronse algo máis de 20 persoas para escoitar de boca de Pepe e David, que é unha carpintaría de ribeira, como son as madeiras, como nace un barco, que hai que facer se queremos construir un, e varias cousas máis.

Os asistentes, como vedes nas fotos, representaban ós dous sexos e a distintas idades, co que demostra que o interese polo Patrimonio Cultural Marítimo non é só cousa de catro tolos que navegamos en barcos de madeira e nos empeñamos en conservalos.

Un dos momentos con máis seguemento foi cando Pepe nos explicou cómo se empezaba a construir un barco, partindo dun medio casco e se sacaban as líneas, ou a traveso das plantillas.


Tras o descanso oubo que cambiar un pouquiño o programa debido a que os amigos da TVG visitáronnos para facer varias conexións en directo para o programa A Revista fin de semán.

Aproveitamos para visitar o trincado Ria de Ferrol, que os AMIGOS do Clube do Mar de Ferrol nos trouxeron dende a cidade departamental para darlle un apoio máis a estas Xornadas.

A bordo, o amigo Cesar, expricóunos a todos os presentes e a todos os telespectadores da TVG como rescataran o Ria de Ferrol, con que medios o fixeran (con moita imaxinación, moitos amigos, moita vontade e poucos cartos e axudas institucionais).

Todos tivemos a ocasión de visitalo por dentro. Algúns/as quedaron abraiados/as do espacioso que era e da cantidade de camas que tiña.

E como colofón a esta segunda sesión das Xornadas, os amigos de Ferrol invitáronos a varios dos asistentes (non podía ser a todos polo límite de prazas que hai que cumplir) a unha pequena singladura polo mar de Lorbé ata a bocana, onde poidemos ver a manobra de largar as velas, e incluso algunha asistente tivo ocasión de levar a caña, sempre baixo a supervisión do patrón.

Logo rematóuse coa, sempre presente nestes eventos, sesión de mollar a palleta a base de cervexas do país.

Esperámosvos o vindeiro sábado día 2 de novo no Peirao de Lorbé.

Tedes máis fotos no noso álbum
by Palmeirán

Comentarios

  1. Envexa verde córreme polo corpo :-)
    Parabéns polo maravilloso traballo, e parabéns aos amigos de Ferrol, que sempre están aí.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com