Segunda Sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo
Se o primeiro día lles tocou ó C.N. Punta Bufadoiro facer de anfitrións na presentación das Xornadas, nesta ocasión tocóunos ós Patexeiros. E como AINDA NON TEMOS LOCAL , e haino que decir ben alto, a ver se as entidades ás que llo solicitamos en reiteradas ocasións se dan por aludidas, leva mos a cabo estas Xornadas na Carpintaría Lorbé que nos cedeu Pepe ó longo da mañán, e a bordo do barco Ría de Ferrol que amablemente nos trouxeron os amigos do Clube do Mar de Ferrol. Entre os asistentes atopábanse, como organizadores e colaboradores, o tenente de Alcalde de Oleiros, o xerente do GAC2, representantes de Caixal Proxectos, o presidente do C.N. Punta Bufadoiro, representantes do Clube do Mar de Ferrol e representantes dos Patexeiros. Nesta ocasión xuntáronse algo máis de 20 persoas para escoitar de boca de Pepe e David, que é unha carpintaría de ribeira, como son as madeiras, como nace un barco, que hai que facer se queremos construir un, e varias cousas máis. Os asistentes, como