Xa empezamos a posta a punto da Balbina
Bo Ano a Todoas/os. Como seguramente xa saberedes, o 2011 vai ser o ano internacional dos Patexeiros, mais ou menos. Neste ano, si, seguro que si, poderemos xa navegar coa Balbina. En calqueira caso, xa estamos nun punto de non retorno, porque o pasado sábado comenzamos tímidamente os traballos no noso buque insignia, pero onte...onte si que foi unha xornada gloriosa. Arrancamos o ano con moita ilusión , e onte Arrancamos o dia con moito ánimo, traballando no barco, e arrancamos esa espiña que tiñamos cravada de que non somos quen de facelo traballo, e sobre todo: ARRANCAMOS A CUBERTA TODA !!!! Por iso estamos nun punto de non retorno. Agora xa non temos so a obriga moral de ter rematado o barco canto antes, senon que e unha obriga físca, que se non apodrecerá. Agora quera o traballo de limpalo e pintalo ben por dentro, reforzar os baos que estea mal, e empezar Xa a reconstrucción. Pola outra banda, no Comando Motor, estivemos a desmontar todos os elemento auxiliares, e incluso conseg