Tempos modernos (Inocentada)
Inocente! Inocente!
Non podiamos deixar pasar a ocasión de aproveitar para facer unha inocentada blogueira. Asi que todo o dito (todo non) non é máis ca unha broma.
Na ACM Os Patexeiros xa comezamos cos preparativos do proxeto mais importante que imos abordar no ano 2011: A modernización das embarcacións.
Nos dous anos escasos de vida que levamos funcionando estivemos loitando contra un grave problema de filtracións que tiveron efectos tan graves para a nosa seguridade como foi o afundimento dunha chalana. Co firme compromiso de plantar cara a estas ameazas decidimos emprender a tarefa de modernizar a nosa flota.
Comezaremos coa Balbina, que xa está en Lorbé preparada para recibir unha imprimación selante de epoxi no casco seguida de duas capas de tecido de vidro de 260 gr/m2 tamén laminado cun epoxi moi líquido con filtro UV especial para laminados en madeira. Como comezaremos no frio do inverno misturaremos a resina con un 5% de alcol etílico. O alcol licua ainda máis o epoxi sen afectar ao endurecemento. A reacción de polimeración é exotérmica polo que o calor evaporará o alcol engadido. Tamén ten o efecto de retardar a polimeración dando máis tempo de traballo.
A cuberta da Balbina será de chapa marina recuberta de fibra e rematada cunha especie de "Teca rápida" que ven en rolos preparada para pegar sobre a fibra. Esta técnica vense aplicando en iates de luxo e non deixa pasar nin pinga de auga.
O Arrecarallo arranxarase durante a primavera de xeito semellante, pero a cuberta farase de forma tradicional por aforrar; coa salvedade de que tamén se saturará coa mesma resina.
Á chalana que nos doaron recientemente aplicaraselle unha tira de resina espesada con sílice coloidal polas xuntas para que non volte ao fondo.
Algúns socios tamén van facer operacións semellantes nos seus barcos e o presidente da asociación incluso está disposto a sustituir o seu bote tradicional por unha robusta embarcación de fibra de vidro.
Estade atentos ao blog porque imos documentar todo o que poidamos o proceso ao igual que fixemos cos cursos de carpintaría.
Feliz Aninovo de parte da ACM Os Patexeiros.
Hai anos que nos asteleiros de Triñanes veñen facendo un tratamento similar nas embarcacións dos bateeiros, inicialmente e un pouco caro pero a medio plazo está amortizado de sobra en cartos e en aforro de disgustos como os que comentades. No meu bote xa hai uns 5 anos que apliquei no casco o epoxi de base acuosa para que penetre perfectamente na madeira para que impida que a madeira gane e perda humidade, dandolle estabilidade, ao tempo que fai de base e imprimación (ollo con este tema, o epoxi ten que ser de un tipo que penetre totalmente na madeira, senón corres o risco máis que probable de que forme unha película de condensación entre o epoxi e a madeira que acabará pudridoa), logo apliqueille un tecido de fibra de vidrio de 90grm con outro epoxi (esto evita que os banzos anden e se separen coa calor cando están fora da auga. Rematei cun barniz con filtro UV. Meu bote está coa madeira á vista polo casco e ninguén é capaz de saber o tratamento que lle din. Dende entón meu bote pasa de estar no mar a estar nunha exposición nun peirao a 40 grados no verán durante tres días para logo voltar ao mar sin meter unha gota de auga. A cuberta e corredores foron empapados en Xylamon e logo apliqueille barniz de poro aberto, nas tendas chamanlle protector decorativo, que permite manter o tacto da madeira e non escama co sol. Basta con darlle un pequeno repaso cada 3 anos logo de pasar un pano para limpar.
ResponderEliminarOs barcos de madeira non teñen problema si non os sacas do mar e os baldeas tódolos días con auga salada, pero a situación de moitos de nós é a de que podes ir polo barco de vez en cando, tes que subilo a un remolque para ir unha xuntanza e pasa un par de dias en terra e ao sol. Estas solucións "modernas" son a salvación para os que non podemos estar todo o día no barco e gustamos das embarcacións de madeira.
Saúdos dende Bouzas Victor
Olá Victor:
ResponderEliminarAinda que o artigo non foi máis ca unha broma estou dacordo en certa medida co que comentas.
Para min a aplicación das chamadas "tecnicas modernas" de construcción naval en madeira non quita que se conserven as técnicas tradicionais e ten a vantaxe de que os estaleiros e carpintarías que as apliquen poden ofrecer produtos máis acordes á demanda do mercado preservando as fasquías tradicionais. Ademais, algunhas destas "técnicas modernas" son mais asequibles para autoconstrucción. Ollo, que non estou dicindo que sexan mellores, cada unha ten as suas vantaxes e os seus inconvintes.
Creo que xa sei cal é o teu bote, chamase "A Barola", non si?. Vin a foto que hai en http://dorna.coag.es/gl/embarcaciones/213/ paréceme un bote moi bonito.
Interesame o que comentaches do epoxi acuoso, poderías explicar máis detalles do produto, dar marcas, onde mercalo, etc?. Normalmente os epoxis crean unha capa illante, non penetran de todo na madeira por moito que insistan os libros (fixen probas).
Gracias polo comentario que puxeches, porque da pe a un debate interesante.
Un saudo.
PD: Quero aclarar que todo o dito neste comentario é unha opinión persoal, de ningunha maneira representa a opinión da asociación.
Efectivamente, como dí Fran, é a súa opinión.
ResponderEliminarAquí a sección talibán dos Patexeiros reivindica:
Gasoil (jasoi pós de Palmeira) no sitio do Xylamón
Alquitrán pó resto, nada de lasures nen historias.
Calafateado con estopa. Ó que vexa con Sika a bordo da Balbina tíroo pola borda.
;)
Bo Nadal a todos e que teñamos un estupendo 2011 mariñeiro.
Vaia... Curiosamente, o que comenzou sendo unha "inocente" inocentada, estase a convertir nun obxeto de debate serio. Me parece, ademais un punto importantísimo de debate, sobre todo por un detalle que menciona Victor: o uso da embarcaci´´on. Tradicionalmente estas embarcacions non eran de recreo, se usaban a diario e o seu mentemento era parte do traballo do mariñeiro.
ResponderEliminarHoxe en dia, o patrón dun bote, dunha dorna, dunha chalana de vela tradicional, sole ser un oficinista, un viaxante, un funcionario...que moitas veces nin vive ao carón do mar. E certo que antes non había Sikaflex, pero había tempo para calafatear. Non había epoxi, e os barcos frotaban e veleaban, pero estban todos os dias pendentes (pola conta que lles traia) do seu modod de vida. Botábase alquitran vexetal, que moitas veces mancha se non se seca ben, pero daba igual porque a roupa era de traballo, non a de paseo.
En fin, participei xa varias veces neste debate, e sempre hai alguén que demostrando certa picardía , acaba dicindo... "daquela a vela tiña que ser tamén de algodón. ¿non si?.....
penso que nin branco nin negro, que non se debe desvirtuar unha embarcación tradicional, pero tampouco caer nunha obsesión de reconstrución histórica tan meticulosa que a faga inviable. Penso que hai productos moi bos hoxwe en dia que, como moi ben di, Victor serven precisamente para que poidamos conservar os nosos barcos.
Eu non teño ningún pudor en dicir que lle bot sika polas fugas, e pintura sintética, e lasur, ¿por qué non?
A miña vela e tamén de poliester.
Espero que siga habendo de todo neste mundo. Sen integristas, xa terian desaparecido moitas cousas. Pero se ninguen innova algo, andariamos sempre no mesmo círculo.
Un Saudo a todos: Miguel