Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2010

II SINGLADURA NO TINA HUSTED: RIAS DE SADA E A CORUÑA

Imaxe
O pasado domingo día 17, o capitán do Tina Husted, David, invitóunos a varios amigos (ó final xuntámonos 21) a facer unha singladura de peche de tempada a bordo do seu barco. Zárpamos sobre as 11:30 da mañán do porto de Sada a motor, xa que non había vento. O capitán pregunta se nos parece ben tirar cara a Coruña e xantar alí no muelle. E como ben é sabido que onde hai patrón non manda mariñeiro, pois todos estivemos de acordo. A travesía de ida foi moi agradable. Luis probou sorte ó curricán a ver se caía algunha xarda, pero parece ser que dende que o tío Mini co seu Bote de Pau visitou estes caladeiros arrasou con todas. Era o bautismo de mar para algúns e supoñía O paso da Marola para moitos. Ó chegar á altura da Marola sacáronse as fotos pertinentes para deixar constancia de tal feito, comparable "disque" co paso do cabo de Hornos (sacándolle lobos, claro). E ó igual ca o paso por ese cabo, a Marola tamén otorga os mesmos privilexios: mexar contra o vento (alá cada un), p

Segunda xornada do curso de carpintaría

Imaxe
O pasado sábado foi o segundo día do curso de carpintaría. Este día David non estaba asi que quedabamos en mans de Pepe e, como é home de acción, tivemos unha clase 100% práctica. Os obxectivos da clase eran un pouco ambiguos, o único que estaba claro era que iamos comezar a desfacer o bote. Para elo botamos man dunhas ferramentas que non usáramos o primeiro día: o martelo e a pata de cabra. Sen pensalo demasiado puxémonos ao choio montando unha escena que debía ser bastante caótica pois cando chegaron uns rezagados botaron as mans a cabeza e soltaron comentarios de tipo: "pensaba que víñamos a aprender a construir, non a destrozar". En menos dunha hora rematamos de desmontar o bote do trancanil para arriba sen ter que lamentar máis danos ca un pequeno corte nun dedo e un durminte medio roto que se supoñía que tíñamos que deixar intacto. Tamén retiramos o espello de popa porque estaba en mal estado. Co bote xa desfeito tomamos medidas da estampa de popa e fixemos unha plantil

COMENZOU O II CURSO DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA

Imaxe
Este sábado dou comenzo o II curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais que organizamos os Patexeiros. O primeiro día, e a falta de algúns inscritos que comenzarán o vindeiro sábado, presentáronse no taller de Pepe 12 alumnos con moitas gañas de aprender os segredos deste arte milenaria que é a carpintaría de ribeira. Empezaron por recibir unha charla de David (o mestre) sobre as ferramentas e as súas técnicas de afiado. Xa que ben sabido é que ter unha ferramenta sen afiar e como non tela, ademáis de que moitos accidentes se producen por non ter a ferramenta ben afiada e facer demasiada forza con ela. Todos pasaron polo esmeril coas súas respectivas trenchas. David explicóulles como distinguir unhas boas trenchas feitas cun bo aceiro rico en carbono e unhas trenchas de centro comercial, fixándose entre outras cousas nas chispas que botaban ó pasalas polo esmeril. O esmeril acaparou moito a atención dos nosos alumnos, algúns probaron en varias ocasions. L

II CURSO DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA

Imaxe
Aberto o prazo de inscricións para o II Curso de Carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. O curso terá lugar na Carpintería de Pepe en Lorbé (Oleiros - A Coruña) ó longo de seis semanas, os sábados de 16:00 a 20:00. Os días previstos para o curso serán o 16, 23 e 30 de outubro, e o 6, 13 e 20 de novembro. Estará impartido por carpinteiros de ribeira profesionais. Haberá partes teóricas e moita práctica. Restaurarase in situ un bote das Rias Altas. O número de prazas é limitado. O prezo do curso é de : 85 euros para socios dos Patexeiros 100 euros para non socios. Podedes facer a preinscrición e consultar dúbidas a traveso do correo : patexeiros@hotmail.com Tamén podedes usar para dúbidas e ver información actualizada o post do foro: