A derradeira regata da Copa 2010
Os Patexeiros e Felipe II so coincidimos nunha cousa: Temos a mesma quiexa:
NON MANDAMOS OS NOSOS BARCOS A LOITAR CONTRA OS ELEMENTOS
Unha vez mais, e coma xa parece ser a tradición, fixemos o ridículo na derradeira regata da tempada. Saiu a "Boaventura" e mais o Arredemo, e de Ares viron o Alivanta e mais, o campeón, si xa definitivamente campeón do 2010 Pepe do Osorio.
O vento non estaba moi calmo precisamente, pero cando empezamos a navegar foi medrando e medrando ate que case eran os barcos ingobernables. Polo menos on nosos barcos cos nosos "gobernantes". Así que tratamos de chegar a liña de saída, pero nin se quera o conseguimos.
A Boaventura perdeuse de vista aló polo medio da ria, e oa final vímola intentando voltar a remos, porque nunha destas o pao saiuse da taboa de picas e case racha o banco. polo menos eso contaron eles "....Cunha ola de mais de vinte metros, un vento huracanado como se soprase o mesmo diaño e unhas correntes mais fortes que no cabo de Hornos., a dorna intentaba manterse a frote...." etc etc. Mais ou menos, polo que contaban... O que pasa que desta non quitamos fotos.
Así que como bos compañeiros, e coma a Zodiac estaba ocupada, alá fumos os do Arredemo ao rescate: - "Tripulación: hai un patexerio en perigo, e iso e mais importante ca regata. Imos por eles.." E fumos. Pero non chegamos. Cando estabamos xa na canle da ria, empezou a zoupar o mar e o vento e como tivemos que ir en Popa, unha ola nos trasluchou, e case case vamos a pique. Sorte que ao soltar a escota e ao facer banda aproamos o barca que se non..´..., porque estaba o mar nos corredores.
Por iso nos replantexamos o do rescate. Dixemos: "non sei se daremos chegado..." pero pensando: "Que se jodan, quen lles mandaría..." . Pero nesas xa chegou a zodiac da regata.
Mentras tanto, nos fumos aos de Ares que ainda estaban esperando pola saída, pero lles pedimos disculpas por non poder empezar. Tivemos que suspender por mor do vento e do mar.
Xa lle dixemos, que nos non dabamos governado así os barcos e tal...
Daquela, un dos do Osorio, contestou entre risas que non pasaba nada, e sinalando a toda a frota de Optimis que estaban na regata de vela lixeira nese mar tan bravo, dixo:
- " E LOGO ESES CATIVIÑOS, QUE, ¿COMO FIXERON?".
Así rematou a Copa Balvina 2010, sen poder contestar.
Incontestable, e certo, o Osorio, un ano mais demostrando un 10 en navegación e sobre todo en participación. Non faltou Pepe nin a un so evento. E iso e o importante.
Parabens a Pepe do Osorio, o bicampeón da Copa Balbina, que un ano mais vaise para Ares.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com