Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2010

Xa fixemos a primeira regata do ano

Imaxe
Despois de ter que aprazar o comenzo da Copa do 2010, por fin este pasado domingo xa fumos comenzando a tempada. Que xa era hora, por certo. Non houbo ningunha sorpresa, e comenzamos lamentablemente con media hora de retraso. Pedimos disculpas aos participantes por esa demora. Pero e que nese dia tamen estivemos a participar na exibición do dia do deporte náutico do Concello de Sada, e ademáis, chamounos o Campeón, o Pepe do O Sorio, que chegaba tarde. Hai anos Perico Delgado perdeu o tour por mor de chegar tarde. Nos non somos así, por iso cando chamou Pepe xa lle dixemos que como non, esperaríamos por él. Polo resto, o de sempre, o Pepe de primeiro, o resto de participantes polo medio e os Patexeiros de últimos. XA VOS COLLEREMOS, XA, Podedes ver a clasificación da Copa nesta ligazón: https://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos Ahí ides á Copa 2010, e veredes que segue a estar en Ares, porque o noso campeón segue a esta

COMENZA A COPA BALBINA 2010

Por fin poderemos empezar a Copa Balbina 2010. Este ano, esperamos superar os 37 tripulantes en total do ano pasado. E esperemos que regrese a Sada. A primeira regata, será enfrente da Praia de Sada, a 13:00 h do dia 18, o vindeiro domingo. Ademais, convidámosvos a participar na exibición - paseo que faremos en colabouración co C.N.Recreativo de Sada, no dia do deporte nautico do Concello de Sada, onde o público poderá embarcar en distintas embarcacions. Os patexeiros non sumamos a esta iniciativa e aproveitaremos tamén para amosar a nosa flota, (Que xa sabedes que anda coma a de Felipe II) e mesmo convidar a quen queira embarcar. Por iso vos animo a se queredes vir un pouco antes da regata, e dar un paseo con nós. A exibición será a partires das 11, e as 13h, daremos a saida da regata de vela tradicional. Para puntuar na clasificación da copa e imprescindible inscribirse na neumática da saida como máximo 10 minutos antes da saida (Decirlles os nomes dos tripulantes e o da embarcación

CRUCEIRO NO TINA HUSTED POLA RÍA DE FERROL

Imaxe
O Pasado Domingo 4 de Xullo, David Powell, patrón do Tina Husted invitou á plana maior dos Patexeiros e a algúns amigos a facer un cruceiro pola ría de Sada e Ferrol. Aquí tedes un resumo de tan peculiar e placenteira singladura: CADERNO DE BITÁCORA DO PATEXEIRO: Zarpamos dende os pantaláns do clube nautico de Sada ás 12,00 H con ceo cuberto e marexada. O Capitán David Powell e a Contramestre Maca, deronnos instruccións previas de como proceder e maniobrar a bordo. Conseguimos amarrarnos a unha boia (ó segundo intento) para desplegar velas. Toda a pasaxe contribuiu á tarefa, despregamos a vela maior, un trinquete e logo a vela de mesana, coa emoción de estar a vivir unha grande aventura. Enfiamos cara á saida da ría de Sada, deixando pola banda de babor Veigue, Lorbé e as súas numerosas bateas... a esta altura da navegación, unha manada de arroaces deleitounos cos seus saltos e seguiu a carón do Tina Husted máis dun cuarto de hora. Esta compañía, como podedes imaxinar, deunos a maior

APRAZAMOS A REGATA DO DIA 3

Alguns poden dicir que foi porque temos medo, outros porque nos da pena volver a organizar un trofeo no que quedamos de últmos, outros porque os nosos barcos vanse a pique coa primeira suradiña do inverno, outros sinxelamente, porque o sabado haberá Futbol. Equivócanse todos. Non suspendemos a regata por ningunha desas razons, suspendémola porque : NON TEMOS O QUE HAI QUE TER Isto e, unhas condicions climatolóxicas nas que se poda practicar o deporte da vela sen comprometer a seguridade. A previsión e que vai entrar unha borrasca o vernes seguida dun anticiclón para o sábado. Esta diferencia de presions, vai meter un vento de NE forte, unha boa Nortada. Que o final o mellor non era para tanto pero..... En calqueira caso, e como xa sabedes a regla universal das regatas: SE HAI DOUS BARCOS NO MAR, HAI REGATA, se alguén se anima, e extraoficialmente e baixo a responsabilidade de cada un, vaise pitar unha saida se hai como mínimo dous barcos sobre as 5 da tarde, aproveitando que os de vela