Tarde de botaduras

O pasado venres foi tarde de botaduras no estaleiro de Pepe en Lorbé.

Presenciadas por innumerables amigos, visitantes asíduos do estaleiro e curiosos de paso, tiveron lugar tres botaduras ó longo da tarde.

A primeira foi do Sol, o bote que Pepe estivo facendo nestes últimos meses e que por fin lle chegou a hora de tocar auga por primeira vez.



O segundo en acariciar as ondas do mar de Lorbé foi o Tina Husted, ó que David deixou tan bonito como vedes nas fotos.


E por último, a nosa Balbina, que volve ó mar tras un pequeno lifting, e tras aplicarlle un novo maquillaxe. Orgullosos de vela no mar estábamos todos os Patexeiros, e varios amigos que acudiron a ver o ben que lle sentaban as súas cores orixináis.

Ainda nos queda moito traballo con ese barco, pero a primeira fase xa está rematada ¡¡¡ e quedou bén!!! ¿ou non?



Agora xa casi luce como naquela foto coa que ilustrábamos o ano pasado as nosas I XORNADAS SOBRE NAVEGACIÓN TRADICIONAL (Zodiac aparte).





by Palmeirán

Comentarios