HOOGARS: CONTACTOS CON HOLANDA
"Un Hoogaars ten o fondo plano: flota máis ben sobre auga que dentro dela. Coas velas izadas navegaría só na dirección que sopla o vento; pero cando baixa a leeboard (táboa de sotavento) no leeside (banda de sotavento) pode chegar a ceñirse preto dos 45º ou 50º graos con respecto ó vento real, coma calquera outro veleiro con quilla.
Cando un Hoogaars vira e comeza a dar bordadas, a tripulación ten que izar a táboa no luffside (lado da orza), sacala da auga e subir a táboa no novo leeside (lado de sotavento).
Esto último ten que facerse no tempo axeitado: si se fai demasiado pronto, a táboa sube, xa que está feita de madeira; si se fai demasiado tarde a táboa queda atrancada, en contacto ca banda do barco, e non acadará o calado suficiente para ser útil. ¡Xa che dirá o patrón cando é demasiado tarde!
Un Hoogaars non necesita peso para a súa estabilidade, porque ésta ven dada pola súa forma ó ter o fondo plano e os lados acampanados. Claro que cando as condicións climatolóxicas extremas fan volcar un Hoogaars, non hai xeito de volvelo a súa posición normal. Este tipo de embarcación non está pensado para pescar en alta mar. Os deltas dos nosos ríos teñen bancos de area que emerxen coa baixamar ¡sen rastro de rochas! e que se anegan coa marea alta. O peixe chega coa marea preto dos bancos cando a auga se volve máis tépeda precisamente polas areas mornas. Gústalles a auga quente xusto coma a nós, os humanos. Un barco con quilla non pode pescar en augas superficiais. O fondo plano fai tamén que a embarcación descanse nun ángulo cómodo cando queda varada nun banco de area ao baixar a marea.
O máis fascinante e darse conta de que unha embarcación coma ésta é o resultado de séculos desenvolvendo o coñecemento dos métodos de pesca, tendo en conta os factores de adaptación ao medio, e as habilidades técnicas na construcción de barcos.
Coa vosa Balbina pode ser o mesmo, pero coas súas circunstancias, non teño a menor dúbida!
Saudos dende os Países Baixos."
Grazas, amigos.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com