3º Día de Cursiño
Neste 3º día moita animación, moitas ganas de traballar, de facer cousas. Empezamos a arranxar o Arrecarallo, que como vedes, atópase nun estado lamentable.
De feito o consello do carpinteiro era de non arranxalo xa que casi sairía como un novo. Pero a efectos de facer prácticas con él metémoslle man para ir poñendo en práctica o que se vai aprendendo.
Empezamos por desfacer parte da regala, e mentras uns a desfacían, outros cepillaban, outros axudaban a Pepe no corte das pezas, incluso algún se atreveu coa serra, outros preparábamos unhas unións tipo cola de milano-raio de xúpiter, e ademáis o amigo Juanjo de Ares atrevéuse a facer unha das cornamusas.
O tempo pasóunos voando, e a xente tiña ganas de máis, de facer máis cousas.
Xa todos estamos desexando que chegue o vindeiro día.
by Palmeirán

Para un día que falto a cousa ponse ainda máis interesante!
ResponderEliminarO mesmo digo, agora que nos metemos en fariña, e eu tamén sen poder ir. A verdade e que foi pena de non termos comenzado este cursiño antes.
ResponderEliminarEspero que esta experiencia do curso se poda repetir (¿por qué non?) unha vez pasada a epoca estival. Porque o final, estamos nesta afición para navegar ¿non si?. Agora que chega o veran, haino que disfrutar un pouco.
Por certo, que nunha das fotos, me parece ver xa a Balbina, despois de varios anos coa sua cor orixinal. Bo presaxio. A un barco non convén cambiarlle de nome. Nin penso que de cor.
Si compañeiros, pasámolo moi ben no cursiño este sábado. Alí todos currando, e xas vás vendo que podes facer cousas útiles no teu barco, ou no teu futuro barco. A Balbina xa casi está lista (bueno, é un decir) Xa está pintadiña e mañán pola tarde botarase ó mar para volver ó seu porto de Sada.
ResponderEliminar