Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2010

HOOGARS: CONTACTOS CON HOLANDA

Imaxe
Os Patexeiros, no seu afán de búsqueda de coñecementos sobre a navegación tradicional, contactaron cuns amigos de Holanda, que nos explicaron un pouco as características dos barcos típicos dos deltas dos ríos dos Paises Baixos, os Hoogars . "Un Hoogaars ten o fondo plano: flota máis ben sobre auga que dentro dela. Coas velas izadas navegaría só na dirección que sopla o vento; pero cando baixa a leeboard (táboa de sotavento) no leeside (banda de sotavento) pode chegar a ceñirse preto dos 45º ou 50º graos con respecto ó vento real, coma calquera outro veleiro con quilla. Cando un Hoogaars vira e comeza a dar bordadas, a tripulación ten que izar a táboa no luffside (lado da orza) , sacala da auga e subir a táboa no novo leeside (lado de sotavento). Esto último ten que facerse no tempo axeitado: si se fai demasiado pronto, a táboa sube, xa que está feita de madeira; si se fai demasiado tarde a táboa queda atrancada, en contacto ca banda do barco, e non aca

Tarde de botaduras

Imaxe
O pasado venres foi tarde de botaduras no estaleiro de Pepe en Lorbé. Presenciadas por innumerables amigos, visitantes asíduos do estaleiro e curiosos de paso, tiveron lugar tres botaduras ó longo da tarde. A primeira foi do Sol, o bote que Pepe estivo facendo nestes últimos meses e que por fin lle chegou a hora de tocar auga por primeira vez. O segundo en acariciar as ondas do mar de Lorbé foi o Tina Husted, ó que David deixou tan bonito como vedes nas fotos. E por último, a nosa Balbina, que volve ó mar tras un pequeno lifting, e tras aplicarlle un novo maquillaxe. Orgullosos de vela no mar estábamos todos os Patexeiros, e varios amigos que acudiron a ver o ben que lle sentaban as súas cores orixináis. Ainda nos queda moito traballo con ese barco, pero a primeira fase xa está rematada ¡¡¡ e quedou bén!!! ¿ou non? Agora xa casi luce como naquela foto coa que ilustrábamos o ano pasado as nosas I XORNADAS SOBRE NAVEGACIÓN TRADICIONAL (Zodiac aparte). by Palmeirán

A Balbina xa está casi lista

Imaxe
O primeiro paso na restauración da Balbina xa está dado. Arranxáronse os desperfectos causado polo temporal, amura de estribor nova, cambiáronse algunhas tablas podres, recravóuse todo o casco, calafateóuse, pintóuse o casco e dóuselle patente. Tamén se lle puxeron unhas cornamusas novas para que quede ben amarradiña. Agora está pendente do seu traslado de novo a Sada. Ainda queda moito para vela navegar pola ría. Arranxar toda a cuberta, arranxar o motor, meterlle a vela, etc..., pero xa sabedes, esto sen axudas, sen subvencións, fáisenos moi duro, así que pouco a pouco pero sen pausa. by Palmeirán

3º Día de Cursiño

Imaxe
Neste 3º día moita animación, moitas ganas de traballar, de facer cousas. Empezamos a arranxar o Arrecarallo, que como vedes, atópase nun estado lamentable. De feito o consello do carpinteiro era de non arranxalo xa que casi sairía como un novo. Pero a efectos de facer prácticas con él metémoslle man para ir poñendo en práctica o que se vai aprendendo. Empezamos por desfacer parte da regala, e mentras uns a desfacían, outros cepillaban, outros axudaban a Pepe no corte das pezas, incluso algún se atreveu coa serra, outros preparábamos unhas unións tipo cola de milano-raio de xúpiter, e ademáis o amigo Juanjo de Ares atrevéuse a facer unha das cornamusas. O tempo pasóunos voando, e a xente tiña ganas de máis, de facer máis cousas. Xa todos estamos desexando que chegue o vindeiro día. by Palmeirán

Movemento no Estaleiro de Lorbé

Imaxe
Esta semán non houbo cursiño de carpintería por mor do festivo deste sábado. Pero no Estaleiro de Pepe en Lorbé abonda o traballo. Ó longo desta semán podedes ver no carro ó Tina Husted, ese vello veleiro que vedes asíduamente fondeado en Sada. Este barco, construído en Dinamarca en 1947, estivo presente en Brest 2008. Para saber máis sobre o Tina Husted , ou tamén ver a súa páxina oficial . Tamén, se vos acercades por Lorbé podedes ver xa rematado o bote que estaba facendo Pepe ó longo deste pasado mes. E por último contarvos que a Betty, un novo barco que navegará na flota patexeira, tamén entrou no estaleiro de Lorbé para facerlle reparacións de emerxencia para poder botalo ó mar. Outro barco máis que salvamos de ir para o lume. by Palmeirán