Xa empezamos o cursiño
Este ano, ainda non probamos o mar, pero xa estamos a desenrolar actividades.
Como sabedes, o pasado sábado comenzou o noso primeiro cursiño de carpintería tradicional no carpinteiro, e parece que está a ser un éxito de participación e de contidos.
Pepe, que ven sendo o noso "carpinteiro de cabeceira", (ou de familia, como se chama agora), buscou un colabourador que lle axudara a explicar a teoría, David, que nos demostruo o moitísimo que sabe cunha clase maxistral sobre ferramenta, a sua composición, afiado, etc, que quedamos abraiados.
Cando algo non apareza na Wikipedia, preguntádelle a David, seguro que o sabe.
Ademias, houbo bo humor e moitas, moitísimas ganas dos participantes nesta primeira toma de contacto. Podedes ver no noso album as fotos da xornada (buscade por ahí pola esquerda o noso album de fotos)
Para o seguinte sábado, temos previstos meternos xa con cousas mais serias, e aparte de seguir a rascar na Balbina, queremos empezar a restaurar o bote no propoio cursiño.
Moitísimas gracias a todos os participantes e aos que fixéchedes que este cursiño puidera ser unha realidade.
by Palmeirán
Qué chulada! MAgnífica iniciativa e grande éxito. Qué boa idea. Moita sorte co curso e coa Blabina e que aprendades moito de Pepe.
ResponderEliminarUnha grata sorpresa ve por ahí a xocas e a Nacho.
Unha aperta Suso
Non sabes o que estás a perder :-)
ResponderEliminarÉ moi moi recomendable!