Malpica, a segunda etapa

Ola de novo a todos navegantes. Xa estamos aquí, no 2010, así que temos un ano maravilloso por diante para seguir cos nosos proxectos.

E para dar unha mostra, ahí tedes, a nosa segunda ruta de sendeirismo, neste caso por Malpica e o cabo de San Adrián.


O percorrido foi sinxelo e con bo tempo (boísimo se o comparamos co que temos últimamente). Unha ruta circular de 17 Km, que nos levou a dar unha voltiña pola maravillosa vila de Malpica, e logo da praia dereitos ó Cabo de San Adrián, para case chegar a bicar as Sisargas.

Alá, na puntiña do cabo puxemos a segunda bandeira dos patexeiros, coas Illas de fondo, prometendo que algún dia, cando se poda iremos a visitalas. Seguro que en barco, pero non sabemos ainda en cal.



O Resto da xornada nos levou baixando paseniño ate Beo, onde comimos nunha praia e gañamolo dia, porque apañamos alguns metros de cabo de varios tipos que trouxo o mar e os deixou para nós na praia de Beo. Ben que os imos aproveitar, a pesar de que inicialmente estaban mias enmarañados que un escándalo político dese tipo "Caso Gárgamel".




Coma sempre, tedes o resto das fotos e o Trakc List para o GPS na nosa sección:
A Seguinte ruta, para o mes que ven. O Sitio.... ainda por ver. Podedes opinar ou propoñer percorridos na sección de sendeirismo costeiros do noso Foro




Comentarios