TRASLADO DA BALBINA O CARPINTEIRO DE LORBÉ

O pasado sábado, e despois de estar dous meses esperando a que o mal tempo nos dera unha tregua, por fin nos aventuramos a levar á Balbinaó carpinteiro de Lorbé.


Como xa sabedes, o motor ainda non está como para traballar, e houbo que remolcala, neste caso con duas zodiacs, unha a proa (a de Xose Manuel) e outra mais pequena a popa, facendo as veces tamén de timón.

O Capitán (mellor dito o Comandante) Martiño dirixiu con bo pulso a operación, que foi un exitazo, non tivemos ningún problema e chegamos a Lorbé en algo menos de unha hora.



E Alá nos estaba a agardar o Pepe, o carpinteiro co carro na rampa. Agora xa está en terra, e lista para empezar a restauración (cando se poda). Así que todo o que quera ir a admirar esta fermosura, pode facelo no porto de Lorbé, onde estará por varios meses.


Sabemos que todo o que via por alí ó verlle a súa popa vaise namorar dela, así que xa sabedes. Agora, mais que nunca, precisamos do apoio do todos.

E tamén estamos encantados de anunciar que :

POR FIN, E TRAS VARIOS MESES DE PAPELEOS E ESPERAS, A BALBINA XA ESTÁ OFICIALMENTE CEDIDA A NOSA ASOCIACIÓN, E NON SE DESMANTELARÁ SENON QUE SERÁ BAIXA POR CAMBIO DE LISTA.

Esta noticia, coñecímola a seman pasada. Agora xa poderemos navegar nela , unha vez reparado o metor e a obra morta.

Por último, agradecer públicamente a todos os que dalgún xeito nos botaron unha man para poder facer este traslado: a Xose Manuel, que nos remolcou por proa, a Jaime coa zodiac do C.N. Recreativo que nos fixo de Timón, ó Capitán marítimo de Sada, que nos asinou un permiso especial para podela levar por mar remolcada, a Marina Sada, que nos apoiou unha vez mais coa loxística, ó Pepe, o carpinteiro, e como non, ó imprescindible Comandante Martiño.

Podedes ver as fotos do traslado no albun que tedes ahí na esquerda, e algún pequeno video tamén sección de videos


Comentarios

  1. Parabéns Patexeiros. Da gusto ver como se van suerando os atrancos materiais e, sobre todo, administrativos. Ao parecer tedes ahí un capitán marítimo que é un puntal.
    Iremos ver a Balbina a Lorbé tan aiña como poidamos.
    Estades facendo historia.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Sucesso companheiros e que rápidamente este barco sulque as águas envergando alvas velas de memórias e ilusões.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com