Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2009

Sendeirismo Costeiro

Imaxe
Desde o pasado domingo 20 , xa se pode dicir oficialmente que estamos a percorrer a Costa Galega a pé. Como ben sabedes moitos de vos, na nosa asociación nos propuximos ir facendo rutas de sendeirismo por toda a nosa costa. Nesta primeira ruta, fixemos un percorrido sinxelo por Cabo Prior, que ademias foi circular: Ademias, creamos unha páxina que podedes ver pinchando na foto da parte esquerda (sendeirismo costeiro) na que vos podedes descargar o Track list para meterlle a un GPS e seguir esta mesma ruta. Gracias a unha adaptación que fixo Angel, descargouse o Google Earth no TOM TOM, e fumos facendo a ruta mirando en tempo real a foto de satélite. Este método nos permitiu facer a ruta por onde quixemos, e incluso coller atallos descoñecidos para nós. Alá quedou a primeira bandeira posta, no cabo Prior: Agora quedan anos e anos por diante para facer todo o percorrido, que non será secuencial, senón que iremos saltando según vexamos. Non podemos esquecer esta parte tan importante do no

TRASLADO DA BALBINA O CARPINTEIRO DE LORBÉ

Imaxe
O pasado sábado, e despois de estar dous meses esperando a que o mal tempo nos dera unha tregua, por fin nos aventuramos a levar á Balbinaó carpinteiro de Lorbé. Como xa sabedes, o motor ainda non está como para traballar, e houbo que remolcala, neste caso con duas zodiacs, unha a proa (a de Xose Manuel) e outra mais pequena a popa, facendo as veces tamén de timón. O Capitán (mellor dito o Comandante) Martiño dirixiu con bo pulso a operación, que foi un exitazo, non tivemos ningún problema e chegamos a Lorbé en algo menos de unha hora. E Alá nos estaba a agardar o Pepe, o carpinteiro co carro na rampa. Agora xa está en terra, e lista para empezar a restauración (cando se poda). Así que todo o que quera ir a admirar esta fermosura, pode facelo no porto de Lorbé, onde estará por varios meses. Sabemos que todo o que via por alí ó verlle a súa popa vaise namorar dela, así que xa sabedes. Agora, mais que nunca, precisamos do apoio do todos. E tamén estamos encantados de anunciar que : POR

OPORTUNIDADE HISTORICA DE RECOÑECEMENTO LEGAL DAS EMBARCACIONS TRADICIONAIS

Imaxe
Parece ser que estes días andan en Madrid coa redacción do proxecto da lei xeral de Navegación Marítima. Para os que vos sone a chino, vos aclaro: Madrid e por ahí tirando por Pedrafita abaixo, indo como cara a Almería, xa non ten perda, non te tes que desviar. E é unha cidade onde xoga o Alcorcón de fútbol, e que se fan as leis estas tan xerais e as veces tan absurdas. Mar mar, o que se di Mar, non hai, pero e igual, total non hai moitos barcos. Algén por alá en Catalunya estivo atento, e parece ser que se redactou unha enmenda que vai ser apoiada polos partidos políticos con representación parlamentaria para que como mínimo se tivera en conta a existencia das embarcacions tradicionais e /ou históricas na devandita lei. Aquí tamén se está a mover a cousa, gracias a Federqación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Ahí vos vai o texto da enmenda: Las embarcaciones históricas y tradicionales ante el Proyecto de Ley General de Navegación Marítima ¿Por qué una enmienda? Porque con ella