A venganza dos Deuses

O dia 13 de Nobembro, ese dia no que se cumpría o xa non sei cal aniversario do temporal que levou o "Prestige", parece que os Deuses, en caso de existir, cebaronse con nós coa sua venganza.
Unha surada das mais fortes que se recordan nas últimas datas (agás a do pasado 23 de Xaneiro), levounos prácticamente todos os barcos.
A única que aguantou un pouco o tipo foi a dorna "Boaventura", e iso porque o cabo do tira-vira se liou non sei como, e aguantouna. O "Arredemo" fixo resucitar ó morto que o tiña preso e foronse os dous por ahí a dar unha voltiña pola ria. Non foron moi lonxe, se entretuveron rascando outra embarcación, e logo, a descansar contra as pedras. Rescatámolo a tempo e terá arranxo, pero estará unha tempada en terra.
O Jaime tamen tivo moi mala sorte. O "Picapeixe" (un Golfiño de fibra de 5 m) deulle a volta, cravou o pau no fango e rachouno. O casco apenas lle pasou nada (menos mal), pero o pau quedou mutilado. Agora ou ben lle falta un metro de pau ou ben lle sobran un metro de vela.
O Bote azul ese que está pendente de reparar que nos cederon tamén, contra as rochas. Non tivo moito destrozo porque xa esta feito po, pero foi ó fondo. O rescatamos o Domingo e agora polo menos xa saiu novamente a frote. Xa e a segunda vez que o refrotamos. Hai un acordo dunha asambleia por maioría de lle chamar o "Arre Carallo", pero eu penso que éste bote ten merecido tamén o nome de "Raxoi", porque pase o que pase milagrosamente acaba saindo novamente a frote. Mias tocado, pero no mar, no seu sitio.

A buceta "Punta fiateira" tamén deu a volta, ainda que quedou no sitio. Refrotárona os rapaces do Clube Recreativo (MOITISIMAS GRACIAS) o sábado. Coma por arte de maxia, conservou os remos, parte do enxaretado, a cana do timón e mais o rizón. A pala e outras pezas do enxaretado as rescatamos en terra, nas rochas.

E por último, a Balbina, como non, o noso buque insignia, non podería ser menos. Rachou unha das amuras, casualidade, onde estaba a cornamusa cos cabos de amarre. Algunhas cuadernas racharon a ras da obra morta, e houbo que refacerlle os amarres todos.

Ademias, temos o auxiliar en terra para reparar (despois de ter naufragado con el a semana anterior).

Resumindo, que nos pasou como o Felipe II, que tivemos que loitar contra os elementos. Neste caso, tamén perdimos.

Se cadra para o seguinte aniversario, podemos ofrecerlles ous deuses un sacrificio dun animal de granxa vivo ( por ex un rodaballo, unha centola, unhas necoras...) pero por favor, Deuses, se sodes tan amables:

NON NOS DESTROCEDES OS BARCOS, QUE NON DAMOS FEITO.

Comentarios

  1. Ola Miguel e compañía patexeira: Acabo de botar unhas risas lendo estas dfuas últimas entradas, e non porque me fagan gracia as desgaracias: e que está contado todo cunha agudeza, ironía e sentido do humor pouco comúns hoxe en dia. O que escribiu esto pode pensar en escribir un libbor de relatos ou do que quera, e vivir ben vendéndoo como churros. Polo demáis: vaia "movida" "tela marinnera" de Surada. Solidariedade cos compañeiros do mar tradicional ante todo. Polo menos ningunha das perdas é irreparable. A darlle ao serrón no outono que inverno xa hai dias bonitos para sair ao mar. Unha aperta a todos e ánimo Suso

    ResponderEliminar
  2. Pasiensia. Ánimo, e xa case me apunto para botarvos unha man un destes días coa reparación

    ResponderEliminar
  3. Moi boito o relato, pero que pena que fisera tantas estragas.
    Ánimo e a reparar tocan.

    Saúdos,
    Víctor Boga CNRS.

    ResponderEliminar
  4. Que putada, que putada. Non damos saído a navegar e só nos toca reparar. Me cajo na marilús.

    ResponderEliminar
  5. Ola Miguel: me encantam la ironía e sentido de humor in tuas entradas. Muchas gracias pelas risas :)
    Mariana

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com