Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2009

Se os Alemans puideron, Os Patexeiros tamén

Imaxe
Xa sabedes que logo da segunda guerra mundial, iso que lle chamaron "O milagro Alemán", que non só reconstruiron un pais en ruinas senón que ainda por riba se converteron en potencia mundial.... Polo menos iso foi o que nos contaron. Exactamente coma os Patexeiros. Despois do temporal..outro temporal, e despois outro.... pero virá a calma. Así que xa empezamos o noso particular "Milagro Patexeiro". Xa veredes como volveremos a flotar. Este sábado empezamos polo pequerecho, polo bote auxiliar, que fixeramos entre varios afeccionados alá polo 2005 e co que afundimos o mes pasado. Fibra, si FIBRA DE VIDRIO, xa sabemos que o poliéster non e tradicional, pero e sinxelo e repara os botes. Velaí está Palmeirán logo de enfibrarllo o plan do bote. Tamén se achegaron o Pepe e o Martiño, que foron sacar a dorna do mar , e achicar outros barco (a buceta xa estaba ó límite). Axudados polo noso superheróe Jaime, que como podedes observar ten un sistema térmico doutro planeta. A

XA TEMOS FOTOS

Imaxe
Coma parece ser que os Patexeiros se nos inclúe desde o punto de vista zoolóxico dentro da especie Homo Sapiens Sapiens, despois de case 10 meses, a nosa intelixencia suprema foi capaz de descifrar o complexo funcionamento do Picasa e do YuoTube, e por fin podemos ofrecervos esas fotos nas que, xa non lembrabades, saíchedes retratados. A estas alturas do artigo, xa vos estaredes preguntando que c. pnta ahí a Ava Gardner. E certo, aparentemente nada de nada. Pero non e así. A Gardner e os Patexeiros temos moitísimas cosas en común. Por exemplo: somos equivalentes zoolóxicamente falando. Ademais, xa tanta foto de barco , xa aburre, había que rechear un pouco con outra cousa para buscar o contraste. Apropósito desta muller, hai unha anécdota dun amante que tivo por alá polo sur, Luis Miguel Dominguín, que disque cando se liaron, o dia seguinte levantouse da cama e cando marchaba preguntoulle ela: - "¿A onde vas, ou ? " E Contestoulle él: - "A Contarllo ós amigos". Case

A venganza dos Deuses

O dia 13 de Nobembro, ese dia no que se cumpría o xa non sei cal aniversario do temporal que levou o "Prestige", parece que os Deuses, en caso de existir, cebaronse con nós coa sua venganza. Unha surada das mais fortes que se recordan nas últimas datas (agás a do pasado 23 de Xaneiro), levounos prácticamente todos os barcos. A única que aguantou un pouco o tipo foi a dorna "Boaventura", e iso porque o cabo do tira-vira se liou non sei como, e aguantouna. O "Arredemo" fixo resucitar ó morto que o tiña preso e foronse os dous por ahí a dar unha voltiña pola ria. Non foron moi lonxe, se entretuveron rascando outra embarcación, e logo, a descansar contra as pedras. Rescatámolo a tempo e terá arranxo, pero estará unha tempada en terra. O Jaime tamen tivo moi mala sorte. O "Picapeixe" (un Golfiño de fibra de 5 m) deulle a volta, cravou o pau no fango e rachouno. O casco apenas lle pasou nada (menos mal), pero o pau quedou mutilado. Agora ou ben lle

Chegou o mal tempo por fin

Xa era hora. Xa era moito estirar o verán, e por fin , os primeiros temporais do Outono. A partir de agora, pouco se poderá navegar, o non ser por Internet. E coma non podería ser doutro xeito, xa viñeron os primeiros sustos cos barcos fondeados. Onte, o bote de Francisco marchou por ahí de ruta turística pola ría. Rachou o cabo, e apareceu amarrado a unha boia que non era. Moito mais alá. Non sabemos cómo foi parar alá nin que o atou, pero alá estaba. Así que onte a noitiña, al.a fumos ó rescate. E IMPOSIBLE VOLVER A RECOPILAR TAN MALA SORTE EN UNHA HORA E MEDIA: Collimos o chinchorro, e chegamos ó bote. Lembramos que lle faltaba un tolete e amañamos cun cabiño. E solttámonos da boia, e como non, empezou a zoupar o vento xustiño de proa, e bastante forte. Tanto esforzo fixemos que se levantou o cabiño do remo amañado, e o outro tolete marchou ó mar. Así que entre unha cousa e outro, marchamos para atras, en vez de avanzar. Volvimos a amañar os remos como puidemos, e des