A Copa "Balbina"
Pois si, xa fixemos a nosa asamblea , e un dos acordos a que se cheguo, foi o cambio do nome da copa. Moito mellor, a verdade. Gracias novamente a Nacho, desta vez pola idea. A COPA "BALBINA" de navegación tradicional, leva camiño de se converter tan famosa e codiciada coma a Copa América. Penso que non pararemos ate que eses frekies da vela, que pasan todo o dia entrenendo e con toda esa tecnoloxía decidadan pasar dese mundo e mercar unha dorna....Algún dia lles será mais interesante.
Tamén acordamos que o dia de actividades queda fixado para o sábado. Alí estaremos as 11 da mañán, alí no galpón do C.N.Recreativo, para ir facendo cousiñas e arranxos os dias que chova, e os dias de bo tempo , a navegar. En principio tamén puxemos horario de tarde, as 15 h, por se alguén non pode vir polas mañans. Isto non significa que hai que ir todos os sábados, pero intentaremos estar polo menos algún de nós por alá.
E outra cousa importante da que xa vos informamos e que vamos facer unha festa da entrega da Copa, que será o primeiro sábado de bo tempo que haxa a partir de finais de Novembro. Haberá Magosto, Caldo (como non, o combustible noso) empanada, viño..... Xa vos informamos de que hai que pagar 5 € para mercar a cunca (podédela ver na nosa sección de cousas para levar) e logo hai barra libre de caldo con ela. (Oferta válida ate fin de existencias). E como a trasdición di que a Copa, vaia onde vaia, ten que ir por mar, ese dia teremos concentración de embarcacions tradicionais en Sada, e acompañaremos á copa, que se vai para Ares.
Pero antes de todo iso (esperemos) temos o traslado da Balbina a Lorbé, onde como mínimo a imos afeitar. Se a crise económica se agrava, podemos comer dos mexilons que ten na obra viva durente varios meses, así que haberá que adecentala. Pero queremos facer do traslado tamén unha xornada festiva, por iso invitamos a quen nos quera acompañar por mar de Sada a Lorbé e logo voltaremos pola ruta de sendeirismo PR - G 96, pola Costa Doce. Ainda non temos datas, porque depende tamén do tempo. Pero ide tendo que conta que un xoves calquera, cando se den as condicions, avisaremos.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com