Bo papel dos Patexeiros na regata de Redes

O mal tempo do sábado pasado estivo a piques de botar por terra a regata "Porto de Redes", que un ano mais organizou maravillosamente, coma sempre o Clube marítimo de Redes.
Os Patexeiros fumos con toda a nosa flota e a buceta da Coruña, a "Punta Fiateira". Como debe ser, por mar, nada de estradas e remolques, e nunha hora xa estabamos en Redes. Martiño e Pepe, na dorna "Boaventura", que a pesar do escaso vento chegaron a Redes a vela, Francisco timoneando a buceta de remolque, e eu no Arredemo a motor.


Xa na hora da sardiñada, empezou a chover, e a cousa parece que pintaba mal....Pero parece que os deuses se apiadaron de todos nós, e fixeron que parara o orballo sobre as 5 da tarde, hora da saída. Pandora quedouse un poco durmida na siesta (despois dunha estupenda sardiñada e normal), e non nos quería botar vento suficiente para empezar a regata, que foise aplazando cun ultimatum: SE AS 6 DA TARDE NON HAI VENTO NINGÚN, FAISE A REMO.
Pero apareceu unha leve brisa de Noroeste as 6 menos cuarto. Xusto a tempo. Así que nin remo nin ningún outro sucedaneo, regata a vela.


A saída etivo moi concurrida, e digamos que foi "en bloque". tomáronna nada mais e nada menos que 25 barcos, e o Arredemo, patroneado por Jaime, dos primeiros.


Co escaso vento que había, compría fiar moi fino para non perder nin un chisco de velocidade, escorando os barcos e mesmo mollándose o cú nos corredores. E así nos mantivemos os Patexeiros nos postos intermedios case toda a regata.


O percorrido foi de duas voltas, e non houbo demasiados cambios nas posicions. Na segunda volta, a Dorna de Pepe e Martiño nos alcanzou e nos adiantou. A Buceta, na que embarcarom Moncho (da AAETG da Coruña), Francisco (Dos Patexeiros) e Suso e Marcos (Da A.C.Lajareu por Barlovento, de Riveira) , seguiunos ahí toda a proba, a piques de nos dar caza, ainda que o final non alcanzou ó Arredemo.



E mais ou menos así foi como entramos, Coa dorna "Boaventura" no posto 12, o Arredemo no 14, e a buceta no 16. Un estupendo papel, tendo en conta que o ano pasado quedamos de posto 34. Xa parecía que nos quitaramos de enriba ese costume de meter a pata, de chegar de últimos, de rachar o barco... desta vez, SIIIIIIIII.
Pois non. o final, o despiste parece que nos persigue. Resulta que o final adiantaramos o "Masmadera", un bote de Ribadeo, que nos dera caza. E o Jaime emocionouse tanto con adiantalo de novo no derradeiro borbo, que só pensaba nunha cousa cando o tiña xusto na popa: Escoitar o sinal da bocina do barco do comité. o "Masmadera" ibanos alcanzar, e ahí estaba o barco do comité, e.... PIIIIIIIIII soa a esperada bocina.
Daquela, o Jaime solta a cana, e nos poñemos a saltar por esa fazaña deportiva sen precedente non Patexeiros, e incluso falouse de botarse a auga, coma se gañásemos unha medalla de bronce.
A ledicia, saltou dun barco para outro cado se escoita do barco do comité: "que facedes, que o pitido non era por vós....". Nese intre, a sotavento tiñamos a dorna de Pepe, que nos rebasara, e era por eles. Así que o "Masmadera" pasounos nun par de metros antes da liña de meta.
Teño visto ver xente ríndose, pero tanto coma esa tripulación no momento que lle tocaban a bocina, poucas. O caso que non quedamos daquela de 13, senón de 14. Coma di Jaime, moito mellor, que iso do 13... non vaia a ser o demo...
Damos as gracias a organización desta regata e desta festa por faceren as cousas tan ben e conseguir ano tras ano un éxito rotundo.
Unha aperta desde o seu sur










Comentarios