E XA FIXEMOS A FESTA
Así foi a nosa festa, a Xornada técnica sobre navegación tradicional en Sada
Como sabedes, tivemos un dia excepcional, e as velas na rua déronlle a Sada por fin, un aspecto distinto para o visitante. Tamén fixemos unha pequena exposición de carpintería tradicional co banco de carpinteiro antiguo que nos cedeu Ramón Rouco e ca ferramenta antigua prestada por Pepe, da carpintería de ribeira de Lorbé. Nacho tamén aportou duas fermosísimas pezas.
Da banda do Concello estiveron Abel López, Alcalde de Sada, e Gabriela Castro, concelleira de cultura, quenes se interesaron polas nosas embarcacions, tanto fora como na conferencia maxistral que nos deron sobre elas Bernardo Maiz e Cesar Bedoya. A conferencia foi de un luxo, con moitísimas explicacions sobre as tipoloxías do norte de Galicia, as perdidas, as que ainda quedan, as que se estan a recuperar, etc. Apoiado co material do libro de Bernardo Maiz e Henrique Freire "As embarcacions tradicionais do arco ártabro a Ribadeo", Bernardo fixo unha estupenda exposición deste traballo, que como sabedes foi premiado pola Fundación Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego. Por outra banda, César, nos explicou moitísimo de barcos, da tecnoloxía que tiñan e teñen os carpinteiros de ribeira, antes de existir a enxeñeria, e de cómo foi sempre infravalorada polas administracions. Moitísimas gracias os dous, e pedimos disculpas por non poder ter feito un turno de rogos e preguntas. Se nos botaba o tempo enriba e o retraso do pregrama se ía acumulando
E logo de tomar un café, fixemos a mesa redonda, onde participaron según podedes ver ahí na foto, de esquerda a dereita, Jose Ignacio Villar, director de Portos de Galicia, Pedro García, capitán marítimo de Sada, Victor fernández, Presidente da FGCMF, Fernado Mateo, Presidente da AAETG da Coruña no papel de moderador e Pablo Carrera, director do museo do mar de Galicia.
A todos ele moitísimas gracias pola súa colabouración.
Jose ignacio, o Director de Portos, anunciounos que hai un proxecto aprobado o vernes 29 de Maio deste ano polo parlamento de Galicia para que as embarcacions tradicionais gozen de tratamento fiscal especial, unha boísima noticia para todos. Pedro, nos explicou o por qué das dificultades do papeleo, e animounos a todos os afeccionados a insistir na elabouración dunha lista especial para as nosas embarcacions. Tamén resaltou que hai un Real Decreto que trata de xeito especial as embarcacions que se consideran antiguas, de mais de 50 anos. Victor volveu poñer de manifesto a necesidade que temos todos de facer un censo, e recordou que nos pantalans de Bouzas hai un sitio específico para as embarcacios tradicionais, pero a tarifa segue a ser a mesma ca das planeadoras. Pablo Carrera, ilustrunos sobre o que foi Sada e o que é, e logo, cómo temos que encamiñar a conservación do noso patrimoinio marítimo. Nunha mensaxe moi clara, explicounos que ten que ser a iniciativa nosa, de todos, que debemos ser toda a sociedade moi proactivos e ter nos as iniciativas, e logo a administración debería responder.
E por fín chegou o xantar, onde houbo como sempre caldo, nunha cunca de barro de Buño, co nome dos Patexeiros, que a xente levou como recordatorio do día. Tamén houbo empanada de trigo de zorza, outra de trigo do país de mexilon e outra mais de peixe. Tamén tivemos un excelente pan de centeo e outro de trigo do país que fumos buscar a Baamonde (lugo). A nosa cociñeira Ana, fíxonos non so as empanadas e o caldo , senon chicharrons caseiros, unhas pastas con formas de vela latina e de relinga en plan didáctico, e unha morea de biscoitos e orellas de postre.
Xa non podemos abusar mais da súa arte ate o 2018, pero a xente con fame desde logo que non quedou.
Logo, na tarde, tivemos un acto moi interesante. Os veteranos, nos enseñaron o que lembraban de distintos aspectos. Javier, o mecánico da Coruña, explicounos cómo eran ese motores, como era cada un, como funcionaban, cómo facían para reparalos, etc. Díxonos que se o coidamos un pouco, o motor da Balbina pode durar mais de 100 anos. E Eduardo Gullén, o home que nos cedeu a foto do cartel e que di que ten unhas 17000 fotos de Sada na casa, que e seu vicio. Contounos de todo canto acontecía en Sada, de cómo era a collida do patexeo, de cómo eran os barcos, etc.
E para rematar, o paseo , onde vimos o que ve calquera que visite Sada. O Centro comercial, a antigua nave de redeiros, construción de ferro moi antigua, convertida hoxe en ainda non se sabe o qué, os iates de luxo, as motos de auga, pero tamén as fermosísimas casas mariñeiras de Fontán, o "Tina Husted" que David, seu patron nos amosou e por suposto: A BALBINA
Houbo que nos fixo un comentario, así polo baixo: "......Que sitio mais bo para facer un Encontro de Embarcacions de Galicia.....". Sen dúbida fixouse en que esta ría e estupenda para a navegación, sobre todo para as embarcacions menores, fixouse en que hai varias explanadas enormes no porto, en que hai moitísimo sitio no mar para fondear as embarcacions por uns dias, en que hai un enorme paseo marítimo, en que no verán Sada triplica a súa poboación.....¿que tal no 2021?. Daquela a moto de auga posiblemaente xa se verá coma algo pasado de moda. Tal vez este 30 de Maio xa dimos o primeiro paso.
Moitísimas gracias a todas as persoas e as entidades que participaron nesta xornada. Esperemos que para a seguinte vos poidamos convidar a navegar na Balbina.
Impresionante amigos:
ResponderEliminarNoraboa pola actividade ten ben organizada e proveitosa (tamén para os que non estivemos fisicamente con vos).
Unha aperta mariñeira.
Ola!
ResponderEliminarQuería dicir que para os que estivemos no allo foi unha xornada moi proveitosa, na que aprendemos (eu alomenos) moitas cousas. Personalmente quedei prendado da intervención de César Bedoya, que, entre outras cousas, polemizou sobre a data da introducción da vela latina en Galicia (falou da armada de Xelmírez e dos artesanos xenoveses que interviñeron na súa construcción, nada menos), da habilidade dos carpinteiros de ribeira tradicionais (por contraposición ó "papanatismo" instaurado coa introducción da construcción naval e militar a escala industrial nos asteleiros ferrolanos, ó xeito inglés) e fixo unha glosa de termos técnicos que me pareceu moi interesante e oportuna (por exemplo: as acepcións da palabra frasquía ou fasquía). Todo esto sen desmerecer ás outras intervencións, de Bernardo Máiz, a densidade de contidos da mesa redonda e o impresionante derroche de erudición mecánica de Javier e a simpatía do amigo Guillén.
Un luxo!
Apertas a todos