A Copa "Patexeiros" vaise para Ares


Xa chegou o dia da inauguración da nosa competición, e non houbo sorpresas: fixemos o mais absoluto dos ridículos.
Claro que a crónica podería facerse do revés, ¿non?. Imos botarllo un pouco de morro e falando en positivo, pero sen contar mentiras, e volvemos a empezar a redacción:

O Arredemo, da Asociación Cultural mariñeria de Sada "Os Patexeiros", consigue meterse no podium o quedar segundo, e o ser rebasado a tan só 10 escasos metro da linea polo "O Sorio" do C.N. de Ares.




Pois ben, e certo, tal coma dixen foi así, e ahí podedes ver na foto o momento no que o barco de Ares meréndase o de Sada.


O que non dixen que desta vez eramos tan só dous barcos. E nos pasaron a 10 m da liña, pero despois da saida, non antes da chegada. En calquera caso, fixemos un digno papel. Polo menos rematamos o percorrido ( cando o resto da flota xa rematara a segunda manga).


Pero coma dician os Paiasos da tele, o importante e participar e divertirse. Foi un estupendo dia para a navegación, e o pasamos bastante ben. A saída foi en conxunto cos de vela lixeira, e o percorrido bastante longo, desde o porto deportivo ate case Gangdarío.


Parabens os amigos de Ares e moitísimas gracias por participar. A próxima esperamos subir a participación. De momento, a Copa iríase para Ares, a ver se a recuperamos, porque desde logo, organizar unha copa para nin cheirala o primeiro ano... e para chorar ¿non?


Na Sección de DESCARGAS , no apartado de PUBLICAS , e na sección de REGATAS tedes a clasificación. Tedes que mirar nas pestañas de abaixo para ir a xeral ou a de cada regata.


Comentarios

  1. noraboa por emprender esta azaña. Os de Redes esperamos non defraudar e participar na seguinte regata. Non podemos consentir que a copa vaia para Ares ;)

    Miguel.

    ResponderEliminar
  2. son xose,un dos tripulantes,da embarcacion, osorio,pa a prosima,esperamos asistir sobre 4 ou 5 barcos,de ares,esperemos que colla forza,animo e asta a prosima.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com