Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2009

A Copa "Patexeiros" vaise para Ares

Imaxe
Xa chegou o dia da inauguración da nosa competición, e non houbo sorpresas: fixemos o mais absoluto dos ridículos. Claro que a crónica podería facerse do revés, ¿non?. Imos botarllo un pouco de morro e falando en positivo, pero sen contar mentiras, e volvemos a empezar a redacción: O Arredemo, da Asociación Cultural mariñeria de Sada "Os Patexeiros", consigue meterse no podium o quedar segundo, e o ser rebasado a tan só 10 escasos metro da linea polo "O Sorio" do C.N. de Ares. Pois ben, e certo, tal coma dixen foi así, e ahí podedes ver na foto o momento no que o barco de Ares meréndase o de Sada. O que non dixen que desta vez eramos tan só dous barcos. E nos pasaron a 10 m da liña, pero despois da saida, non antes da chegada. En calquera caso, fixemos un digno papel. Polo menos rematamos o percorrido ( cando o resto da flota xa rematara a segunda manga). Pero coma dician os Paiasos da tele, o importante e participar e divertirse. Foi un estupendo dia para a navegac

Comenza a Copa "Patexeiros"

Imaxe
POR FIN , despois de tantos papeleos, de tantos arranxos, de tantas cousas que organizar, por fin nos toca o que queriamos: NAVEGAR. Como sabedes, a Copa "Patexeiros" de vela tradicional, pretende fomentar a afición nosa, e para iso temos organizadas conxuntamente co C.N.Recreativo de Sada unha serie de regatas para este verán. Na Copa, tamén puntúa o feito de participar en outras concentracions, ainda que non haxa regatas nelas. Na foto, podedes ver cómo chegar. Non fai falta reservar, nin apuntarse, nin pagar nada. Con tal de se presentar alí, os dias que toque xa está. Non temos a rixidez doutras competicions, asi que se algún vai chegar un pouco tarde a saida, que chame , que o esperamos, non pasa nada. Pero iso si, que chame. Ahí tedes o calendario: http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos A do vindeiro sábado 27 de Xuño e só a primeira, para quentar motores. Pero ídevos preparando para a do dia 25, a regata Patexeiros, unha cos

Estrenando os novos fondeos

Imaxe
Hoxe, fumos dar unha voltiña, estrenado o novo fondeo . Como algún de vos xa sabedes, xa "botamos a primeira pedra" do noso novo espacio para as embarcacions tradicionais detras da rampa. Por certo que na foto vedes ahí porqué digo o de botar a pedra. E literal. E ¿qué nos pasou hoxe? (aparte de se nublar o dia) : Descubrimos unha flota de guerra fondeada tras o dique. Non sabemos nin quenes son , nin para que veñen por aquí. Chegamos a ver coma tres barcos de guerra (catro se contamos o que está fondeado en Sada) . So espero que non lles sentara mal a alguén o dos novos fondeos e veñan dispostos a levantalos.......

O "NONETA" Estase a reparar en Lorbé

Imaxe
O Amigo Pepe, o carpinteiro de Lorbé, informounos de que estes dias ten fora da auga unha peza digna de ver, o NONETA, un barco inglés de 1935. A construcción e moi curiosa, según di na súa historia moi moderna para a época. Está feito con chapa metálica remachada. Na época da segunda guerra mundial, foi requerido para a mariña británica, e prestou servicio de garda costas na costa sur baixo o nome HSM N33 (penso que Noneta era mais fermoso) no escuadrón Victory en Portsmouth. Lamentablemente só estará en terra ate o vindeiro vernes 12, pero houbo tempo de lle sacar unhas fotos. Moitas gracias a Pepe por ternos avisado. Podedes ver mais información aquí : http://www.adls.org.uk/shipinfo.cfm?id=168&RestTrust=0

E XA FIXEMOS A FESTA

Imaxe
Así foi a nosa festa, a Xornada técnica sobre navegación tradicional en Sada Como sabedes, tivemos un dia excepcional, e as velas na rua déronlle a Sada por fin, un aspecto distinto para o visitante. Tamén fixemos unha pequena exposición de carpintería tradicional co banco de carpinteiro antiguo que nos cedeu Ramón Rouco e ca ferramenta antigua prestada por Pepe, da carpintería de ribeira de Lorbé. Nacho tamén aportou duas fermosísimas pezas. Da banda do Concello estiveron Abel López, Alcalde de Sada, e Gabriela Castro, concelleira de cultura, quenes se interesaron polas nosas embarcacions, tanto fora como na conferencia maxistral que nos deron sobre elas Bernardo Maiz e Cesar Bedoya. A conferencia foi de un luxo, con moitísimas explicacions sobre as tipoloxías do norte de Galicia, as perdidas, as que ainda quedan, as que se estan a recuperar, etc. Apoiado co material do libro de Bernardo Maiz e Henrique Freire "As embarcacions tradicionais do arco ártabro a Ribadeo&