SEMANA SANTA NA RIA DE AROUSA
Ola mariñeiras/os Non estivemos durmidos todo este tempo. Mais ben o contrario. Estivemos tan ocupados que nin tempo houbo de actualiza - lo blog. Tal e como dixéramos, nesta Semana Santa, fomos convidados pola Asociación Cultrual "Lajareu por Barlovento" de Ribeira. Así que alá fumos, de maniobras co "Arredemo". Pero lamentablemente o tempo non nos deixou mais que un dia para navegar e outro para facer sendeirismo pola zona. Pouco pero pagou a pena. Xa fondeamos o bote o Mércores á noitiña. Pero o xoves choveu case todo o día, e o vernes o forte e refachado vento de San Alberte non nos deixou nevegar a gusto. Aquí na ria de Sada estamos acostumados a que o vento malo, moi variable en dirección e intensidade e o Suroeste. Alí é ó contrario. O Suroeste ven limpo desde a bocana da Ria, e o Norte, NO, e NE , como dicía Fernando baixa envenenado pola Curota abaixo. Pero o sábado sí. O sábado fixemos unha fermosísima travesía de Ribeira a Palmeira, con tres dornas e o Ar